sábado, 4 de maio de 2019

CRÓNICA DA FESTA DO MAIO 2019



 ARROUPANDO A TRADICIÓN E MANIFESTANDO O NOSO COMPROMISO CO PLANETA:

A QUEIMA DO BURRO: Tras colocar o Burro na entrada da Alameda e afinar as gaitas, todo estaba preparado para ás 22.00 comezar a Festa do Maio 2019 que quixemos iniciar dándolle a palabra aos máis novos. Foron Carmen e Fátima as que lle puxeron voz así ás palabras da activista sueca Greta Thumberg.



A modo de pregón, Carmen e Fátima, anunciaron a celebración da Primavera sen deixar de lado o noso compromiso real cun desenvolvemento sostible que non perturbe o ciclo harmónico das estaciois. A Festa do Maio,  dixeron, debe ser ademais dunha celebración unha ocasión para facer medrar a conciencia sobre os efectos do cambio climático que os seres humanos provocamos e que só nós mesmos poderemos reverter se actuamos sen dilación antes de que sexan irreversibles.



Un ampla cantidade de reclamaciois pola xustiza climática e social recollidas nos centros escolares, tamén todo tipo de elementos negativos de carácter colectivo ou persoal foron enchendo as alforxas do Burro do Inverno antes de ser queimado ante un nutrido grupo de veciños e visitantes:






Logo desprazámonos á Prazoleta do Don Pío onde nos esperaba a música de ARRANCADEIRA de Ponferrada, un grupo vocal acompañado de percusión tradicional e acordeón que interpretou unha magnífica selección de temas na súa maioría tirados da tradición oral de Galicia, Asturias e León. 


 A seguir colleu o relevo no escenario EMBRUXO GAITEIRO  que viñeron  por segundo ano consecutivo dende Ordes para interpretar cun estilo moi persoal un repertorio moi alegre de pezas tradicionais e de pezas de autor coa gaita como protagonista.


Alegría que se perpetuou ata altas horas da madrugada...

O MAIO TRADICIONAL:
Como a tradición manda non muito máis tarde de saír o sol un intrépido grupo de vilafranquinos comenzou a cortar as cañaveiras nos lugares de costume para ir distribuíndo as plantas para vestir os maios polos distintos barrios: Campo da Galiña, Socubo, A Cábila e as Veigas Altas

E comezaron a desfilar polas rúas as comitivas de maios coas peculiaridades particulares de cada ano levando a cada porta de cada casa da vila os bens que vein da mao da Primavera.



Participando da Festa do Maio tamén desde os balcois










Foto de Mario de la Torre

Foto de Mario de la Torre
Foto de Mario de la Torre

Foto de Mario de la Torre

Foto de Mario de la Torre

Foto de Mario de la Torre

Foto de Mario de la Torre

Foto de Mario de la Torre

 Esta pequena selección de fotos de Mario de la Torre (que sempre nos agasalla con fermosas reportaxes como a presente nas páxinas dixitais de InfoBierzo) do percorrido dos maios das Veigas Altas e do Socubo invitar a viaxar pola rede para comprobar nos rostros retratados de todos os participantes as sensaciois e sentires que esta ancestral Festa do Maio trae da mao. 





Os ollos de observadores particulares como amosan estas fotos de Vicente Cela, tamén nos axudan a plasmar en imaxes as cores e emociois desta celebración.



Finalmente chegamos á Praza Maior da vila onde cantamos por derradeira vez este ano as coplas tradicionais do maio de Vilafranca tras deitalos maios tamén por última vez no chao. 






A continuación  despois de liberar aos portadores/as dos maios das cañaveiras que fixeron deles unha especie de árbore andante e para rematar desprazámonos á Praza do Campairo para repoñer forzas.
Eilí agardábanos a última sorpresa da festa: Os canecos da Festa do Maio feitos coa intención de reducir ao máximo os plásticos nesta comida campestre.









Temos que engadir como complemento varios enlaces a sitios web onde podes comprobar como recolleron o festexo distintos medios de comunicación aos que agradecemos como anualmente se preocupan de que a Festa do Maio ocupe o seu espazo entre os grandes titulares:
Infobierzo  (reportaxe fotográfica completa de Mario de la Torre)