BIERZO TRADICIONAL, O SELO EDITORIAL DA ESCOLA DE GAITAS
Temos vontade de contribuír humildemente á difundir o noso patrimonio tradicional a través de distintos formatos e iniciativas. A Asociación cultural desde os anos 90 vén ofrecendo diversos materiais que son xa referenciais nos traballos de etnografía e folclore do Bierzo.
Lembraredes que con motivos do X aniversario da Escola de Gaitas procuramos a edición en formato de Cassette do Encontro de gaiteiros tradicionais.
Anos despois aparecerían a Unidade Didáctica: A Festa do Maio editada pola propia Asociación cunha subvención da Xunta de Galicia e tamén presentamos un vídeo co Documental que dirixira Benxamín Vázquez titulado Os maios mozos de Vilafranca do Bierzo. Precisamente a raíz da nosa implicación na recuperación da festa do maio editamos anualmente carteis e programas en forma de trípticos ou dípticos que ademais dos programas de actividades procura incluír pequenas calas relativas á celebración tradicional e o seu sentido e interpretación.
Os Contos de maio son textos escritos en galego, antes da introdución do galego nos centros escolares do Bierzo coa intención de que docentes e alumnos/as fixesen uso escrito desta lingua que como expresión falada atopámola habitualmente nas conversas entre vecíños e que muitos ninos utilizan nas súas casas, pero nunca o facían á hora de escribir. Os textos editados son os contos creados para un concurso do que realizamos dúas convocatorias en 1993 e en 1994.
Nos anos 90 tamén editamos 4 Memorias das Xornadas da Cultura e Lingua Galegas no Bierzo coas súas comunicaciois que conteñen numerosos aportes de carácter lingüístico e etnográfico, tamén literarios de interese especialmente polas personalidades que teñen participado nas mesmas.
Co cambio de século nos anos 2000 propuxémonos seguir con esta actividade de investigación e divulgación creando o selo editorial BIERZO TRADICIONAL e publicando un DVD:
E no 2010, tras varios anos de investigación, editamos o primeiro libro da colección BIERZO TRADICIONAL:
Deixamos a continuación un vídeo de promoción do acto de presentación deste libro:
Desde o ano 2005 as actividades da Comisión Cultural Martín Sarmiento centráronse nas denominadas XORNADAS MARTÍN SARMIENTO que levan realizado neste dez anos sete ediciois.
Os precedentes, unha vez constituída a Comisión Cultural (que tamén tivera unha iniciativa anterior naque se realizou unha serie de reuniois pro museo de Vilafranca) pensando inicialmente que o 2002, o ano Sarmiento ao ser homenaxeado no Día das Letras Galegas pola Real Academia Galega, debería ter unha continuidade no tempo de cara a seguir difundindo a obra do erudíto, desenvolvendo o que denominamos PROXECTO SARMIENTO PARA O BIERZO. Este proxecto contempla unha serie de iniciativas entre as que se atopa a da CASA NATAL do ilustrado galego nacido en Vilafranca e unha Aula da Natureza que a pesar que se deron pasos aínda non son realidade, pero tamén había outras actividades como eran as Xornadas Escolares Martín Sarmiento que se levan realizando e van cobrando maior entidade a medida que se realizan ano tras ano coincidindo coa súa data de nacimento.
A modo de memoria realizamos unha panorámica das Xornadas realizadas dende o ano 2005 ata o 2015. Cada unha das ediciois procurou centrarse nunha serie de facetas dos traballos de Sarmiento que veñen destacadas no lema ou título de cada edición (se clicas en cada título poderás consultar os programas e máis abaixo podes ver vídeos e crónicas das actividades levadas a cabo durante estes anos)
I- XORNADAS MARTÍN SARMIENTO:TOPONIMIA, NATUREZA E LINGUA (2005)
MEMORIA DA 1ª XORNADA MARTÍN SARMIENTO
TOPONIMIA,
NATUREZA E LINGUA
A COMISIÓN CULTURAL "MARTÍN
SARMIENTO"
Naceu no inverno do 2001 para celebrar unha
homenaxe no ano 2002 ao Pai das LETRAS GALEGAS sumándonos aos actos realizados
en toda Galicia e solicitar da Xunta de Galicia e a Junta de Castela y León a
sinatura dun convenio para a reconstrucción da súa Casa Natal en Vilafranca. A
filosofía da Comisión Cultural pretende implicar a todas as asociaciois e entes
culturais e educativos de Vilafranca, e mesmo a Concellería de Cultura na
defensa do nosos valores patrimoniais, por iso está aberta a todas as persoas que
desexen integrarse e colaborar nesta etapa de consolidación deste proxecto de
divulgación da obra e figura do ilustrado Martín Sarmiento e un labor de
defensa do noso patrimonio natural, histórico, cultural e lingüístico.
AS
XORNADAS "MARTÍN SARMIENTO"
As Xornadas "Martín Sarmiento"
queren renovar anualmente e dun xeito moi práctico este compromiso con nosos
recursos culturais entendidos no sentido máis amplo, para facer un seguimento a
diversos proxectos que están madurando e que contribuirán a consolidar
infraestructuras moi válidas de estudo e recuperación dos nosos bens
patrimoniais. O "audete sapere" é un verdadeiro lema das xornadas.
Era unha das máximas de Sarmiento que nos vale para "atrevermos a
saber" e a estudar o noso para logo podelo conservar ou transmitir. As
Xornadas "Martín Sarmiento" son, en certa medida, debedoras en varios
sentidos das Xornadas da Cultura e Lingua galegas no Bierzo que se celebraron
en Vilafranca nos anos 90. Coinciden no formato, na defensa da lingua materna
de Sarmiento como un elemento central da súa convocatoria e no seu interese por
ser unha referencia no movemento cultural do Bierzo.
TOPONIMIA, NATUREZA E LINGUA
A nosa riqueza toponímica pode perderse de non
facermos un esforzo real na conservación dos milleiros de nomes de lugar que
morrerán cando se calen para sempre as voces dos seus valedores, os nosos
maiores. A despoboación, a falta de rigor e interese da administración fan
perecer irremediablemente esta parte máis feble do noso patrimonio. Quixemos
valorar aquí as posibilidades que temos de manter viva esta parte sustancial do
noso patrimonio histórico e cultural. Ademais a toponimia ten derivaciois de
gran interese antropolóxico que é un dos aspectos que non desexamos perder no
Bierzo, razón pola que incluimos nestas xornadas unha proposta para a
realización da cartografía mitolóxica do Bierzo.
Por outra banda, desde o ano 2002 vimos
traballando na recuperación do Museo de Ciencias Naturais dos P. Paúles e pola
creación dunha Aula da Natureza para o Bierzo co nome de Martín Sarmiento que
tería a súa sede en Vilafranca. Sarmiento foi un gran observador da natureza, o
seu método de estudo e a súa preocupación polo medio fan del un naturalista de
excepción. Comprobarémolo a través dun dos seus traballos e veremos como é
posible aplicar o seu modus operandi á hora de observar as peculiaridades da
nosa fauna. Hoxe é máis necesario que nunca coñecer para preservar e, no
Bierzo, é muito o que podemos facer neste sentido.
VILAFRANCA, O BIERZO E PONTEVEDRA
Se no ano 2002 Vilafranca e Pontevedra se
unían para homenaxear ao Padre Sarmiento, daquela percatámonos, bercianos e
galegos, da posibilidade de manter unha ligazón activa no terreo cultural e
educativo seguindo os pasos do ilustrado nado en Vilafranca e criado en
Pontevedra. Nesta ocasión , e confiamos que en anos sucesivos, a Vila de
Pontevedra estará presente nas Xornadas comezando así un intercambio cultural
que repercuta favorablemente en ambas vilas. Un reto e unha honra que a
Comisión agradece publicamente e que está disposta a secundar.
SARMIENTO NA ESCOLA
Precisamente unha das facetas máis prácticas
desta Comisión vén ligada a nosa preocupación polo mundo da educación, outra
das constantes do pensamento de Sarmiento. Chegar aos centros de ensino con propostas
que impliquen a Comunidade Educativa nos fins que perseguimos para que sexan as
novas xeraciois de bercianos verdadeiros protagonistas da dinámica de
recuperación do noso patrimonio.
"AUDETE
SAPERE" Atrévete a saber!
Sabes en que lugar vives? Sabes con que animais convives?
PROGRAMA
DE ACTOS DE MARZO 2005
9 de Marzo Centros de Ensino
Xornada Escolar "Martín
Sarmiento".
12 de Marzo . CASA DA CULTURA
18,00 h. PONENCIAS E COMUNICACIOIS:
" O MEGO DA ESCOLA"por HECTOR M.
SILVEIRO, coodinador dun proxecto didáctico da Comisión Sarmiento.
PARA UNHA CARTOGRAFÍA MITOLÓXICA DO BIERZO por
ANA FILGUEIRAS REI, arqueóloga e antropóloga.
CSI SARMIENTO. SOS LINCE IBÉRICO por LOLA FDEZ
ÁLVAREZ, investigadora e etnobotánica.
PROXECCIÓN:
BIERZO NATURAL por PEPO NIETO SANTÍN estudioso
da fauna berciana. Trátase dun traballo fotográfico e de estudo da natureza
berciana que conta coa colaboración de Nicanor Nieto Fdez , Nicanor Nieto
López, Pedro Valiñas e Alejo Sandes.
20.00 h. CONFERENCIA:
A RECUPERACIÓN TOPONÍMICA E A TOPONIMIA
BERCIANA por GONZALO NAVAZA, profesor da Universidade de Vigo, escritor e
membro da Comisión Toponímica da Xunta de Galicia.
PROGRAMA
DE ABRIL
30 de Abril TEATRO VILAFRANQUINO
Xornada de Clausura
18.00 h Presentación das conclusiois dos
traballos didácticos sobre Sarmiento de " O MEGO DA ESCOLA".
20.00 h : Actuación teatral
"A CAÍDA DO CONSELLEIRO" de Anxo
Lourido
a cargo da
AULA DE TEATRO MUNICIPAL DE PONTEVEDRA.
NOTA: A representación desta obra é unha
colaboración específica coa que a Concellería de Cultura do Concello de
Pontevedra quixo estar presente nestas Xornadas coa intención de promover tanto
ao uso da lingua materna de Sarmiento, como a un intercambio cultural entre a
vila que veu nacer e a vila que veu medrar ao ilustrado galego e berciano.
Organiza: COMISIÓN CULTURAL "MARTÍN
SARMIENTO"
Patrocina: Concellería de Cultura do ILMO.
AYTO. de VILAFRANCA DO BIERZO.
II. XORNADAS MARTÍN SARMIENTO: MEMORIA, PATRIMONIO E LINGUA (2006)
MEMORIA DAS
II XORNADAS MARTÍN SARMIENTO
PROGRAMA
DE ACTOS DAS XORNADAS
Xoves 9 de marzo 2006
Xornada Escolar ?Martín Sarmiento?
Sábado 18 de marzo: CASA DA CULTURA
18,00 h PONENCIAS E COMUNICACIOIS:
INTERCAMBIO ESCOLAR “MARTÍN SARMIENTO” por
XOSÉ ÁLVAREZ GARCÍA,
profesor de galego no IES Padre Sarmiento.
A MEMORIA DA SOMOZA NA REDE por OSWALDO
PEREIRA
coodinador das páxinas
villafrancadelbierzo.org, miradas3 e do foro
sobre Vilar de Aceiro.
UN CIPRÉS NUN CONVENTO NA ÉPOCA DE SARMIENTO por
LOLA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ,
investigadora e etnobotánica, da Comisión Pro
IV Centenario do Ciprés da Anunciada.
UN COMPROMISO CO PATRIMONIO: XXV ANOS DA
ESCOLA DE GAITAS por HÉCTOR M. SILVEIRO, coordinador da Comisión Martín
Sarmiento e Pte. da Asociación Escola de Gaitas.
PROXECCIÓN:
BIERZO NATURAL: HERPETOFAUNA BERCIANA por PEPO
NIETO SANTÍN,
fotógrafo e estudioso de fauna berciana.
20.00 h. CONFERENCIA-DIAPORAMA
UN PASEO POLA ARQUEOLOXÍA DE VALDEORRAS E O
BIERZO EN MEMORIA DE MARTÍN SARMIENTO por JOSÉ FERNÁNDEZ PÉREZ,
Pte. da Sección de Arqueoloxía e Ecoloxía do
Instituto.de Estudos Valdeorreses(IEV)
CIRCUÍTOS CULTURAIS “MARTÍN SARMIENTO”
Sábado 27 de maio : TEATRO VILAFRANQUINO
19,30: Presentación dos Circuítos Culturais “Martín
Sarmiento” coa intervención do Pte. Consello Comarcal e Director Xeral de
Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de
Galicia .
20.00 h. A continuación a actuación teatral: O
HEROE, de Manuel Rivas
a cargo da compañía SARABELA TEATRO
Con esta actuación daránse por clausuradas as
Xornadas Martín Sarmiento 2006.
Organiza:
COMISIÓN CULTURAL "MARTÍN SARMIENTO"
Patrocinan e colaboran:
Concejalía de Cultura M.I. Ayuntamiento Villafranca
del Bierzo
Concellería de Cultura do Concello de
Pontevedra
Dirección xeral de creación e difusión
cultural, da Consellaría e Cultura e Deporte da Xunta e Galicia
II XORNADAS “MARTÍN SARMIENTO” Vilafranca do
Bierzo
MEMORIA, PATRIMONIO E LINGUA
9 e 18 de marzo - 27 de maio 2006
"AUDE SAPERE" Atrévete a saber!
A COMISIÓN CULTURAL MARTÍN SARMIENTO naceu no
inverno do 2001 para celebrar no ano 2002 unha homenaxe ao Pai das LETRAS
GALEGAS sumándonos aos actos realizados en toda Galicia e solicitar da Xunta de
Galicia e a Junta de Castillla y León a
sinatura dun convenio para a reconstrución da súa Casa Natal en Vilafranca.
A Comisión Cultural é unha posta en común
aberta de todas as asociaciois e entes culturais e educativos de Vilafranca,
mesmo da Concellería de Cultura, para poñer en valor os nosos bens patrimoniais
a través dun proxecto de divulgación da obra e figura do ilustrado Martín
Sarmiento e un labor de defensa do noso patrimonio natural, histórico, cultural
e lingüístico.
As XORNADAS “MARTÍN SARMIENTO” Son a fórmula
anual de seguimento dos proxectos deseñados de cara a consolidar
infraestruturas válidas para o estudo e recuperación dos nosos recursos
patrimoniais. As Xornadas Martín Sarmiento queren ser unha referencia necesaria
na dinámica cultural do Bierzo, onde o ilustrado ten un papel que xogar
indiscutible pola amplitude, vixencia e a modernidade dos seus traballos.
MEMORIA, PATRIMONIO E LINGUA
O valor da Memoria como chamamento á
reflexión, a mirada ao noso pasado para entender o presente e afrontar o futuro
é un elemento imprescindible sempre á hora de abordar un traballo arredor do
Patrimonio. Este ano 2006 é ademais un ano no que se dá a circunstancia de que
no ámbito comarcal é rico en aniversarios e celebraciois ás que non podemos ser
alleos. Destacaremos tamén os importantes traballos que a través das novas
tecnoloxías como a Internet están dando os seus froitos na recuperación da
memoria.
Unha estreita e vella relación do Bierzo con
Valdeorras non nos pode pasar desapercibida de cara a un traballo conxunto
sobre un patrimonio común, unha das grandes metas dos proxectos que tentamos
poñer a andar.
CIRCUÍTOS CULTURAIS “MARTÍN SARMIENTO”
O interese por promover unha relación
cultural, enriquecedora e fluída entre O BIERZO e GALICIA fai que, tras do
primeiro paso que supuxo o intercambio propiciado polo goberno municipal de
Pontevedra das Xornadas pasadas, a Comisión Sarmiento coordine a posta en
marcha este ano dos CIRCUÍTOS CULTURAIS MARTÍN SARMIENTO nos que participan
igualmente concellos como os de Pontevedra e Vilafranca, pero que buscando a
continuidade e a superación dos actos aillados auspiciamos un convenio entre o
Consello Comarcal do Bierzo e a Dirección Xeral de Creación e difusión cultural
da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta para facer realidade esa ligazón
activa, necesaria e prometedora no terreo da cultura.
Recepción en Vilafranca dos alumn@S de
Primaria de secundaria dos centros CEIP. XUNQUEIRA II e IES. GONZALO TORRENTE
BALLESTER de Pontevedra.
30-31 de marzo:
2ª sesión Intercambio escolar en Pontevedra:
Desprazamento a Pontevedra dos alumn@s
bercianos de 6º de Primaria do CEIP S.: LORENZO DE BRINDIS (Vilafranca) e de
Lingua galega dos centros IES. EUROPA e VIRGEN DE LA ENCINA (Ponferrada),
IES.BERGIDUM FLAVIUM (Cacabelos) e IES. PADRE SARMIENTO (Vilafranca do Bierzo).
Xa ano pasado as Xornadas tiveron unha
compoñente educativa e desenvolveron un traballo escolar moi significativo, que
nos levan a presentar no presente curso unha experiencia de intercambio
escolar, cultural e lingüístico para unha aula de Primaria e outra de
Secundaria entre centros Bercianos e Pontevedreses. O fío condutor serán a
figura e obra de Sarmiento. Para esta actividade a Comisión Cultural edita as
propostas didácticas denominadas “O MEGO NA ESCOLA” .
Debemos indicar que ademais dos centros
citados colaboran outras entidades para que estes intercambios se leven a cabo
como a Asociación Berciana da Lingua XARMENTA e do propio Concello de
Vilafranca do Bierzo e a Concellería de Cultura e Normalización Lingüística do
Concello de Pontevedra, a Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de
Cultura e Deporte da Xunta de Galicia .
III-XORNADAS MARTÍN SARMIENTO: PATRIMONIO, MUSEOS E SABER (2007)
MEMORIA DAS III XORNADAS MARTÍN SARMIENTO
PROGRAMA DAS XORNADAS
1 e 2 de marzo: 1ª FASE DOS INTERCAMBIOS
ESCOLARES “MARTÍN SARMIENTO”
Xornada Escolar “Martín Sarmiento” dos nen@s
do Bierzo en Pontevedra.
9 de marzo, día do nacemento do ilustrado:
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SINATURAS PRO CUMPRIMENTO DO ACORDO PARA A
RECONSTRUCCIÓN DA CASA DE SARMIENTO
Sábado 24 de marzo: TEATRO VILAFRANQUINO
19,00 h Presentación:
PROXECTO DA COMISIÓN SARMIENTO PARA A CASA
NATAL por HÉCTOR M. SILVEIRO, coordinador da Comisión Martín Sarmiento
MESA REDONDA sobre:
INFRAESTRUTURAS MUSEÍSTICAS : A CASA NATAL DE
SARMIENTO, REFERENTE DO CAMIÑO A SANTIAGO
Inservirán:
-Dna. CONCEPCIÓN LÓPEZ BLANCO, Concejalía de
Cultura de Vilafranca.
- D. VICENTE CELA QUIROGA, Alcalde de
Vilafranca.
-D. AGUSTÍN GARCÍA MILLÁN, Deputado Provicial
e membro da oposición.
-D. RICARDO RODRÍGUEZ SAAVEDRA, Presidente
Consello Comarcal do Bierzo.
-D. FRANCISCO SINGUL LORENZO, S. A. Do Plan
Xacobeo da Xunta de Galicia
-D. ANTONIO AMADO LORENZO, Arquitecto autor do
Proxecto da Casa do Padre Sarmiento.
27 e 28 de marzo: 2ª FASE DOS INTERCAMBIOS
ESCOLARES ?MARTÍN SARMIENTO?
Xornada Escolar dos nen@s de Pontevedra no
Bierzo.
- Recepción nos centros CEIP. San Lorenzo de
Brindis e IES Padre Sarmiento.
- Visita á vila natal de Sarmiento.
- Visita ás Medulas e Mosteiro de Carracedo.
- Recepción oficial no Concello de Vilafranca.
XORNADA DE CLAUSURA
Sábado 28 de abril : TEATRO VILAFRANQUINO
18,00: Ponencia:
PASADO, PRESENTE E FUTURO DO MUSEO DE CIENCIAS
DOS PADRES PAÚLES por P. Manuel Peleteiro.
18,30: MESA REDONDA sobre:
UN CONVENIO PARA O FUTURO: MUSEO DE CIENCIAS
NATURAIS DOS P. PAÚIS.( participarán diversos expertos da museística,
taxidermia e ciencias naturais)
19,30: Presentación nos Circuítos Culturais “Martín
Sarmiento” coa intervención do director documental FRONTEIRAS, de Rubén
Pardiñas e Carlos Aguilera Premio Xpresate no III Festival PLAYDOC de Tui (
2007)
Con esta proxección daranse por clausuradas as
Xornadas Martín Sarmiento 2007.
Organiza:
COMISIÓN CULTURAL MARTÍN SARMIENTO
Patrocinan e colaboran:
Concejalía de Cultura M.I. Ayuntamiento Villafranca
del Bierzo
Concellería de Cultura do Concello de
Pontevedra
Consejo Comarcal del Bierzo
Dirección Xeral de creación e difusión
cultural
Consellería de Cultura e Deporte ( Xunta de
Galicia).
A COMISIÓN CULTURAL MARTÍN SARMIENTO naceu no
inverno do 2001 con dous obxectivos que se celebrasen no ano 2002 o Día das
Letras Galegas en Vilafranca do Bierzo e que se chegase a un acordo para a
reconstrucción da Casa Natal. Os dous obxectivos foron conseguidos sumándonos
así aos actos realizados en toda Galicia en homenaxe ao Pai das LETRAS GALEGAS
e asinándo a Xunta de Galicia, a Junta de Castillla y León e o Concello de
Vilafranca un convenio para a reconstrucción da súa Casa Natal de Sarmiento.
A Comisión Cultural, como unha coordinadora de
asociaciois, entes culturais e educativos de Vilafranca, mesmo da Concellería
de Cultura, vén traballando dende entón para poñer en valor os nosos bens
patrimoniais a través dun proxecto de divulgación tomando como referencia a
obra do ilustrado Martín Sarmiento un dos mellores baluartes na defensa do noso
patrimonio natural, histórico, cultural e lingüístico.
As XORNADAS “MARTÍN SARMIENTO” Son a fórmula
anual de seguimento dos proxectos deseñados de cara a consolidar
infraestruturas válidas para o estudo e recuperación dos nosos recursos
patrimoniais. As Xornadas Martín Sarmiento queren ser unha referencia necesaria
na dinámica cultural do Bierzo, onde o ilustrado ten un papel que xogar
indiscutible pola amplitude, vixencia e a modernidade dos seus traballos.
PATRIMONIO, MUSEOS E SABER
Cando pasaron case os 5 anos da sinatura do
acordo para a reconstrucción da Casa Natal de Sarmiento pretendemos centrar o
noso interese no cumprimento dito acordo. O día 9 de marzo comezamos unha
campaña de recollida de sinaturas, tentamos tamén que as distintas autoridades
implicadas no proxecto expliquen o pasado o presente e o futuro do acordo e da
Casa, e finalmente a propia Comisión presenta as súas ideas e o seu compromiso
na dinamización futura da Casa Natal de Sarmiento, que son parte esencial do
seu proxecto dende a súa creación.
Hai outra infraestrutura museística de gran
interese para Vilafranca pola que tamén apostamos que é o Museo de Ciencias
Naturais dos P. Paúis para a que se vai asinar un acordo co goberno municipal
coa intención de reubicalo e ampliar o seu contido, para o que a Comsión propón
a creación da denominada Aula Ecocultural “Martín Sarmiento”, un espazo de
interpretación da natureza, antropoloxía e etnografía como un todo.
Por último, seguimos traballando no PROGRAMA
DIDÁCTICO “SARMIENTO NA ESCOLA”, a través dos INTERCAMBIOS ESCOLARES?MARTÍN
SARMIENTO?(Bierzo-Pontevedra).
1-2 de marzo: Intercambio escolar en
Pontevedra: Desprazamento a Pontevedra dos alumn@s bercianos de 6º de Primaria
do CEIP S.: LORENZO DE BRINDIS (Vilafranca)e CRA Ximena Muñiz ( Corullón) e de
1º ESO de Lingua galega dos centros IES.BERGIDUM FLAVIUM (Cacabelos) e IES.
PADRE SARMIENTO (Vilafranca do Bierzo).
27-28 de marzo: Intercambio escolar en
Vilafranca e no Bierzo: Recepción en Vilafranca dos alumn@S de Primaria e de
Secundaria dos centros CEIP. XUNQUEIRA II e IES. GONZALO TORRENTE BALLESTER de
Pontevedra.
Xa é o terceiro curso con esta experiencia de
intercambio escolar, cultural e lingüístico para unha aula de Primaria e outra
de Secundaria entre centros Bercianos e Pontevedreses. O fío conductor son a
figura e obra de Sarmiento e os valores patrimoniais. Para esta actividade a
Comisión Cultural edita as propostas didácticas denominadas ?O MEGO NA ESCOLA?
.
Debemos indicar que ademais dos centros
citados colaboran outras entidades para que estes intercambios se leven a cabo
como o propio Concello de Vilafranca do Bierzo e a Concellería de Cultura e
Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, a Delegación Provincial de
Pontevedra da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
CIRCUÍTOS CULTURAIS “MARTÍN SARMIENTO”
O interese por promover unha relación
cultural, enriquecedora e fluída entre O BIERZO e GALICIA, a Comisión Sarmiento
coordine de novo este ano os CIRCUÍTOS CULTURAIS MARTÍN SARMIENTO buscando a
súa continuidade coa colaboración do Consello Comarcal do Bierzo e a Dirección
Xeral de Creación e difusión cultural da Consellería de Cultura e Deporte da
Xunta de Galicia.
IV- XORNADAS MARTÍN SARMIENTO: SARMIENTO E O BIERZO. DE SARMIENTO A MORALES NA PROCURA DA IDENTIDADE
As IV XORNADAS
"MARTÍN SARMIENTO" veñen de ser convocadas pola Comisión Cultural
Martín Sarmiento de Vilafranca do Bierzo que conta ademais para a organización
das mesmas coa implicación da Concellalía de Cultura desta mesma vila na que un
9 de marzo de 1695 nacera o erudito ilustrado e Pai das Letras Galegas.
Nesta ocasión o longo
lema que rexirá as mesmas consta dun título xenérico: Sarmiento no Bierzo, ao
que acompaña o subtítulo: De Sarmiento a Morales na procura da identidade. A
intención da Comisión Cultural e da Concellalía de Cultura á hora de relanzar
estas xornadas volve a insistir na relación que mantén Sarmiento coa nosa
comarca, non só polo mero feito de ter nacido na vila do Burbia, senón pola
impronta que a súa obra ten en fenómenos como o do Rexurdimento do galego e do
seu cultivo literario no Bierzo. Por iso aparece nesta ocasión ao pé de
Sarmiento outro autor como Antonio Fernández Morales, do que vimos de celebrar
o 150 aniversario da publicación dos seus "Ensayos poéticos en dialecto
berciano" que reciben unha forte influencia tanto na forma como nos
contidos da obra de Sarmiento titulada "Coloquio dos 24 galegos
rústicos", composto en 1200 coplas que escribiu en 1746.
Este ano quixemos tamén
facernos eco doutro senlleiro aniversario. Trátase do décimo curso escolar no
que está presente nos centros docentes do Bierzo o denominado Programa de
Promoción do Galego. Por este motivo imos darlles protagonismo nestas xornadas
aos centos de alumnos/as, as máis de mil familias que escolleron voluntariamente
esta materia á hora de matricularse tanto en Primaria como na ESO ou
Bacharelato, celebrar os bos resultados que está tendo e o éxito do programa
tamén co profesorado que o fixo e o fai posible e por suposto co conxunto dos
centros nos que se imparte pola dificultades que esta incorporación presenta e
como se van superando. O alumnado de Vilafranca, do resto do Bierzo e mesmo de
Pontevedra está preparando xa unha serie de propostas didácticas que servirán
como fío condutor dos INTERCAMBIOS ESCOLARES "MARTÍN SARMIENTO" deste
curso seguindo o camín das ediciois pasadas e que nesta ocasión amplíanse
considerablemente no tocante tanto ao número de centros invitados a participar
como no volume de traballos que se esperan reunir. Precisamente o próximo 9 de
marzo está programado un acto no Teatro de Vilafranca que servirá de posta en
común, concluído o período de elaboración e de dar paso a súa difusión na rede.
Podes ver un vídeo de promoción da IV XORNADAS e dos seus contidos e un resumo dunha das sesiois realizadas no Teatro de Vilafranca o 9 de marzo de 2012)
A Comisión Cultural
Martín Sarmiento e a Concellalía de Cultura do Concello de Vilafranca do Bierzo
á hora de relanzar estas xornadas intentan incidir na relación que mantén
Sarmiento coa nosa comarca, non só polo mero feito de ter nacido na vila do
Burbia, senón pola impronta que a súa obra ten en fenómenos como o do
Rexurdimento do galego e do seu cultivo literario no Bierzo. Por iso aparece ao
pé de Sarmiento outro autor como Antonio Fdez. Morales, do que vimos de
celebrar o 150 aniversario da publicación dos seus "Ensayos poéticos en
dialecto berciano" que reciben unha forte influencia da obra de Sarmiento
titulada "Coloquio dos 24 galegos rústicos" composto en 1746.
Este ano facémonos eco
tamén doutro aniversario, o do décimo curso escolar no que está presente nos
centros docentes do Bierzo o Programa de Promoción do Galego. Por este motivo
imos darlles protagonismo nestas xornadas aos centos de alumnos/as, as máis de
mil familias que escolleron voluntariamente esta materia á hora de matricularse
tanto en Primaria como na ESO ou Bacharelato, celebrar os bos resultados que
está tendo e o éxito do programa tamén co profesorado e, por suposto, co
conxunto dos centros nos que se imparte. O alumnado de Vilafranca, do resto do
Bierzo e mesmo de Pontevedra exporán as liñas básicas dos traballos que está
realizando para os INTERCAMBIOS ESCOLARES "MARTÍN SARMIENTO 2012".
Este ano ademais
inauguramos o ITINERARIO SARMIENTO, incorporando á oferta turística e
patrimonial de Vilafranca do Bierzo, este percorrido multidisciplinar e moi
singular polo núcleo urbano e os seus arredores, á imitación do "modus opperandi" do propio Sarmiento nas súas viaxes.
PROGRAMA DE ACTOS
Venres 9 de marzo: Teatro
de Vilafranca
11h: INAUGURACIÓN:
Intervención da Alcaldesa e o Concelleiro de Cultura.
CHARLAS: SARMIENTO E O
BIERZO
- Sarmiento e o Bierzo,
por Héctor Silveiro,
coordinador da Comisión Cultural Martín Sarmiento e membro correspondente da
RAG.
- De Sarmiento a Morales,
por Anxo Angueira,
catedrático de Lit. Galega da Universidade de Vigo, escritor e recitador
recoñecido.
12h. EXPOSICIÓN TRABALLOS
DOS INTERCAMBIOS ESCOLARES:
"De Sarmiento a Morales,
na procura da identidade"
-Centros de Primaria e
IES do Bierzo e Pontevedra: (powerpoint)
Os centros participantes
nos INTERCAMBIOS ESCOLARES MARTÍN SARMIENTO 2012:
CEIP e IES do BIERZO
CEIP S. Lorenzo de
Brindis (Vilafranca)
CEIP V. García Yebra
(Ponferrada)
CEIP Compostila,
(Ponferrada)
CPEIP Divina Pastora
(Vilafranca)
CRA Jimena Muñiz
(Corullón)
CEIP Jesús Maestro,
(Cuatroventos)
CEIP San Ildefonso,
(Camponaraia)
CRA Toral de Merayo,
CEIP M.L.Ucieda (Toral
dos Vados)
CRA Carucedo
CRA Ponte de Domingo
Flórez.
CEIP Virgen del
Carmen,(Placa)
CEIP V. de la Quinta
Angustia (Cacabelos).
IES Bergidum Flavium
(Cacabelos)
IES Europa (Ponferrada)
IES Padre Sarmiento
(Vilafranca)
IES Virgen de la Encina
(Ponferrada)
Centros de Galicia:
*Estes traballos froito
do intercambio con centros de Pontevedra. Os centros son CPR San Narciso de
Marín e IES Valle Inclán de Pontevedra.
13h. CLAUSURA: Coa
intervención do director do IES Padre Sarmiento como un dos centros
participantes e das autoridades educativas presentes da Comunidades autónomas
de Galicia e de Castela e León. Entrega de Diplomas aos participantes.
Sábado 10 de marzo.
11h. ITINERARIO SARMIENTO
O Itinerario SARMIENTO é
unha iniciativa de promoción e reivindicación patrimonial da vila natal de
Martín Sarmiento a través dos lugares que están estreitamente relacionados coa
vida e coa obra do sabio ilustrado. Seguindo o seu lema "sapere aude": "atrévete a saber" realizaremos un percorrrido por VILAFRANCA DO BIERZO e a súa
contorna. Será unha posta en común de distintos estudosos locais de campos como
a Natureza, a Historia e a Cultura tradicional e do que poden participar
veciños e visitantes desta vila na que a primavera comeza un 9 de marzo.
O Itinerario comezará ás
11 horas na Alameda ao pé do busto de Sarmiento realizado por A. Nogueira.
Organiza este itinerario
a Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO
Colaboran: Asociación BARANTÉS, Asociación A
MORTEIRA e Aso. Cultural BURVAL e a Oficina de Turismo Local.
Deixamos eiquí algún enlace cos vídeos cunha reportaxe sobre as VI XORNADAS e outros das distintas intervenciois dos centros escolares participantes dos Intercambios Martín Sarmiento 2014:
Esta é unha pregunta que presenta unha certa contradición ou paradoxo,
podería incluso parecer algo retórica porque sabido é que o maio na nosa vila é concibido
como un disfrace. O comezo da nosa reflexión parte, sen dúbida, da importancia
que lle damos a tradición tendo en conta a maiores a transcendencia da que goza a imaxe á hora da difusión da
nosa peculiar forma de celebrar a primavera neste mundo
de hoxe tan globalizado no que vivimos.
Estas que seguen son as nosas conclusiois.
Di o refrán: A cara é o espello da alma. Indagando
cal pode ser a esencia do noso costume, non resulta absurdo preguntarse cal
pode ser o rostro do noso maio. Pero tendo en conta que, como reza a tradición,
aos maios humanos que percorren a nosa vila non se lles debe ver a cara, é
dicir, os mozos ou as mozas que se vistan
cos mazandois ou as cañaveiras deben levar o seu rostro
cuberto, ser irrecoñecibles polos seus veciños. Aínda que pareza un paradoxo,
que teña ese punto de aparente contradición, non o é. Cremos que neste misterio
reside a maxia da festa dende tempos remotos.
O noso maio, como as máscaras rituais máis primitivas deixa impresa na
memoria colectiva unha imaxe que podemos reducir a alguis dos elementos que
aparecen no ritual repetido ano a ano e entendemos funcionan como esenciais.
Imos analizalos.
O primeiro, precisamente é a humanización da árbore, ese ser que
representa a natureza e os seus ritmos. A máscara ou disfrace que vestimos
cada ano no 1º de maio en Vilafranca deixa tras das ramas que cobren á persoa e
proxecta a ilusión doutra cousa: o
espírito do espertar da natureza. O maio humano que camiña polas rúas como
se dunha desas máscaras rituais máis primitivas se tratase, lévanos do corpo
físico do cotiá ao extraordinario e transcendente, ata o terreo do sacro pois
nas culturas atávicas onde o lume, a auga, as pedras son obxecto de culto como
o eran os astros, o sol e a lúa, tamén o son as árbores e o maio convértese
cada ano por estas datas nunha árbore máxica, cargada e cuberta do vigor
vexetal que anda pola vila. É por iso que non pode ter o rostro de ningún vecín,
para poder representar a chegada da Primavera: “Marzo airoso, abril chuviñoso, sacan a maio florido e hermoso”. Agora xa é unha árbore ou se se quere o vexetal
humanizado que se presenta: “este é
o maio, señora é, este é o maio que anda da pé” e ante as casas
ou nas prazas como xa sabedes mesmo se deita para erguerse cando cantamos: “Levántate maio bastante
dormiche, pasou un burro e non o sentiche!”.
A primavera en Vilafranca literalmente
chega así a cada praza, a cada casa. Mais na copla cantada aparece outro novo
símbolo antagónico, o burro, un animal
doméstico e habitual tras do que se oculta ou se evita citar a palabra
tabú, xa que tein un sentido maléfico. O burro representa o mal do inverno: Invítase ao maio a espertar posto que xa pasou o
inverno, non o sentiche?! (No programa
do ano pasado explicamos en detalle esta relación do burro co maio podes
consultala www.bierzocultura.org).
Por
último, outro elemento esencial do proceso non debe pasar desapercibido, pois para
evitar que o mal do inverno se apodere de nós os cortexos que acompañan ao maio
cantan insistentemente baixo os balcois: “Tire castaña, señora maría, tire castañas
cas tein na cociña”. Como din os máis vellos, hai que comer castañas
maias, maiolas (castañas secas) no primeiro de maio para que non nos dea o
desmaio! Efectivamente dun xeito máxico os efectos desgraciados do inverno
desaparecen grazas a esta acción de botar castañas aos maios.
O valor
destes símbolos e alegorías populares entendéronnos ben os poetas que
introduciron nos seus versos estas palabras cargadas de sentido para expresar de xeito culto os
sentimentos e as esperanzas das persoas e dos pobos: Os cantos dos paxaros, que
evoca na súa alborada Rosalía, tamén ese maio, plenamente humano que reivindica
no seu poema Curros Enríquez, son tan só dous dos muitos que poderían ser
citados en cada primavera. Tamén os pintores que retratan cos pinceis sobre un
lenzo as verdades e que cunha imaxe son quen de conmover a humanidade, botan
mao dos símbolos e pintan rostros e miradas que son a ilusión en esencia e o sentir
dos seus. O retrato, o poema, ou se se quere o rostro do mes de maio dunha vila
como Vilafranca sintetízase ano
tras ano na Festa do maio.
PROGRAMA
1º maio. O maio
tradicional
Comida campestre e tarde de contos, cantos e
bailes. Xogos populares.
2 de maio - Arroupando a
tradición: Visitas aos centros escolares da vila para explicar as orixes,
simboloxía e identidade da nosa festa, do maio de Vilafranca.
NOTA: Ese ano, despois de anos e anos editando imaxes e fotos para chamar á
festa e convocar a esta celebración da Primavera, lembramos o traballo de Cristina Fernández Álvarez, da nosa
Cristina, que foi unha das primeiras persoas preocupadas por comprender e
realzar esa imaxe do maio vilafranquino. Ela prestounos os seus ollos, a súa
sensibilidade para observar a través da súa pintura unha visión orixinal,
simbólica e emotiva da Festa do maio. Das distintas imaxes nas que ela creou,
escollemos un cartel que realizou o ano 1987 e que, entre outras cousas, quere
representar o vigor co que a tradición ligada á terra vive nos nosos corazois. (Así foi vista a festa polos alumnos/as de 3º da ESO do IES Padre Sarmiento)