sábado, 23 de marzo de 2019

AS XORNADAS SARMIENTO COMEZAN UNHA NOVA ETAPA

Neste ano 2019 a Comisión Cultural Martín Sarmiento de Vilafranca do Bierzo na XI edición das Xornadas Martín Sarmiento propúxose abrir unha nova etapa nas mesmas dedicando cada ano as Xornadas a un dos concellos galegofalantes do Bierzo que compartirá coa vila natal do ilustrado os actos a realizar.

O primeiro dos concellos escollido foi o municipio vecín de Corullón que acolleu un Itinerario didáctico pola localidade guiado na fala local por Victoriano Guerrero e Ana Carballo para os alumnos/as de Secundaria dos IES que participan do Programa de Promoción do galego no Bierzo e a Escola de Idiomas de Ponferrada. Esta actividade, como logo se deu a coñecer no Salón de Plenos de Vilafranca serviu de preámbulo á convocatoria dos II Premios Morales cuxo fallo e entrega será no próximo mes de novembro no lugar de Corullón e que contará cunha actuación musical da nosa Escola de Gaitas.

Deixamos a seguir, a modo de memoria, unha serie de enlaces para coñecer as iniciativas e actividades que estas Xornadas Martín Sarmiento, que celebraron a súa X edición en 2018, veñen realizando nestes últimos anos.

VIII- XORNADAS MARTÍN SARMIENTO: A DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA, GARANTÍA DE RIQUEZA (2016)




VÍDEOS E OUTROS ENLACES DAS IX XORNADAS MARTÍN SARMIENTO DEDICADAS A MORALES



X- XORNADAS MARTÍN SARMIENTO: NOVOS ESPAZOS PAR AO GALEGO NO BIERZO (2018)



Crónicas das X Xornadas Martín Sarmiento : DÍA DO GALEGO NAS ESCOLAS DO BIERZO.


XI- XORNADAS MARTÍN SARMIENTO: CORULLÓN: Un castelo, viñas, soutos , cireixais e zoupeiros (2019)

Crónicas das XI Xornadas Martín Sarmiento.



 EDICIÓN ESPECIAL N VILAFRANCA DO BIERZO, HOMENAXE AO AUTOR VILAFRANQUINO RAMÓN GONZÁLEZ-ALEGRE