Así retrataron aos nosos xigantes no ano 2015 os ninos Carolina Blanco Prieto (7 anos) e Manuel J. Blanco Amigo. |
Despois da Romaría de Fombasallá e do celebración do San Roque, case esquecida no Fondo do Campo onde se festexaba, xa se vai achegando o mes de setembro e con el volverán a bailar polas rúas da vila os nosos xigantes máis vellos, o Cid e doña Inés que cumpren este ano 157 anos, non está nada mal. Tamén vai pasando o tempo para a parella de xigantes máis popular, a de Don Quijote e esa peculiar Dulcinea que temos, cumpren aproximadamente 110 anos. Máis novo é Sancho Panza, un xigante tamén máis xenuíno porque sabemos que foron os propios vilafranquinos os seus creadores aló polo ano 1920.
Os nosos xigantes, non nos cansamos de dicilo, son un soporte material de cartón e tea sobre unha estrutura de madeira (hoxe metálica para evitar a destrutiva acción da couza), soporte dun fermoso tesouro do noso patrimonio inmaterial, a nosa danza de xigantes e cabezudos, de cuxo conxunto debemos sentirnos orgullosos á vez de comprometidos na súa conservación.
Para quen queira saber máis recomendamos que consulte o libro: Palillos de madeira: Os xigantes de Vilafranca do Bierzo, unha edición bilingüe do noso selo editorial: Bierzo tradicional. A Escola de Gaitas desde o seu nacemento está implicada nesta posta en valor, como ben sabedes, a través de varias iniciativas. Unha foi a celebración do 150 aniversario dos xigantes máis vellos coa publicación dun libro xa citado: Palillos de madeira, ademais da edición dun folleto, o correo especial nº34, para dar a coñecer a veciños e alleos a historia dos nosos xigantes. Eiquí deixamos un vídeo resumo daqueles eventos: