xoves, 20 de agosto de 2015

Maio 2013





 CONSULTA O PROGRAMA (ver actividades)
  martes  30 de abril
 mércores 1 de maio: FESTA DO MAIO,
 declarada de Interese Turístico Provincial
  xoves 2 de maio
  venres 3 de maio
  sábado 4 de maio
  domingo 5 de maio
Se queres saber máis sobre esta tradición (clica onde che interese)

Cómo foron outros anos: 2011,2009,2006…
MEMORIA FESTA DO MAIO

1 de maio ás 14.00
COMIDA CAMPESTRE

1 de maio ás 12.00
OS MAIOS PERCORREN AS RÚAS

1 de maio ás 11.00
VESTIR  OS MAIOS

1 de maio ás 9.00
 CORTAR AS CAÑAVEIRAS

30 de abril
RECIBIMOS  AO MAIO ….

PROGRAMA FESTA DOS MAIOS  2013 - VILAFRANCA DO BIERZO

Día 30 de abril:
Invitamos aos veciños/as a adornar os balcois e ventás para recibir ao día seguinte aos maios. A organización ( Asoc. Cultural Escola de Gaitas), proporcionará vexetación silvestre e corda durante a tarde na Praza do Campairo.

 Día 1 de maio: “FESTA DO MAIO” declarada de interés turístico provincial.
Desde primeira hora e durante toda a mañá sairán os maios tradicionais, para rematar, como é de costume, todos os cortexos na praza maior. A continuación,  terá lugar a comida campestre no xardín da Alameda, con sobremesa folclórica.
Ás 8 da tarde, no Teatro Vilafranquino: Brigada 14 de Janeiro, grupo de folk da comarca do Alentejo (Portugal).

Día 2 de maio:
Visita guiada polos monumentos do Conxunto histórico de Vilafranca, ao remate da visita,  cata de viño ofrecida polas bodegas: Pérez Caramés e Alberto Ledo.
Día 3 de maio:
Visita ao Convento da Anunciada para disfrutar das fermosas pinturas de Paul Brill e coñecer o monumental e centenario Ciprés.
Logo haberá unha visita ao Museo de Ciencias Naturais dos P.Paules. Despois das visitas, a Bodega dos Padres Paúles ofrecerá un aperitivo.
Ás 11 da noite, no teatro Vilafranquino: Jam Sessión organizada polos músicos máis novos da Vila.
Día 4 de maio:
Ás 10,30 da mañá, na Oficina de Turismo:  Xogo-concurso de pistas culturais: “Redescobre o teu  patrimonio: Vilafranca 3.0”, dirixido a usuarios de smartphones e tablets con acceso a internet.
Día 5 de maio:
Ás 12 da mañá, no xardín da Alameda, Teatro de Guiñol para ninos e maiores.

*NOTA:  As actividades que non teñen carácter tradicional  foron deseñadas pola Concellería de Cultura de Vilafranca coa intención de arroupar o vello costume da vila de cantar os maios.    





MEMORIA VISUAL DAS ÚLTIMAS FESTAS DO MAIO
Sempre está ben ter no presente memoria do pasado. Hai quen defende que somos o que lembramos. Din que é garantía de futuro (ver montaxe 2012).
En primeiro lugar, é xusto lembrar como organizadores a un conxunto de autores creadores dos carteis de cada ano. Como no DVD que editamos no ano 2008 xa incluímos unha memoria dos máis de 30 anos que levamos nestas lides, eiquí e agora imos recordar quen foron os dos anos seguintes:


Festa do maio 2009 unha foto do cacabelense Isidro Canóniga.


Festa do maio 2010 unha fotocomposición de Lissi Breaux.

Festa do maio 2011 un debuxo de Andrea Silva.

Festa do maio 2012 collage de Javi Nespral.


O cartel deste ano 2013 é unha fotocomposición de Carolina Nieto.

 Se curioseades nos seguintes enlaces podedes ver pequenas reportaxes da Festa do Maio dos anos:

 2012...2011…2009…2008 (clica no ano que che interese)



A Festa do Maio é unha festa participativa e patrimonial, unha magnífica mostra  da “biodiversidade” cultural da que todos somos responsables  

Ningún comentario:

Publicar un comentario