CONSULTA O PROGRAMA (ver
actividades)
martes 30 de abril
mércores 1 de
maio: FESTA DO MAIO,
declarada de Interese
Turístico Provincial
xoves 2 de maio
venres 3 de maio
sábado 4 de maio
domingo 5 de maio
Se queres saber máis sobre esta tradición
(clica onde
che interese)
|
|||||
Cómo
foron outros anos: 2011,2009,2006…
MEMORIA FESTA DO MAIO
|
1 de maio ás 14.00
COMIDA CAMPESTRE
|
1 de maio ás 12.00
OS MAIOS PERCORREN AS RÚAS
|
1 de maio ás 11.00
VESTIR OS
MAIOS
|
1 de maio ás 9.00
CORTAR AS
CAÑAVEIRAS
|
30 de abril
RECIBIMOS AO MAIO ….
|
PROGRAMA FESTA
DOS MAIOS 2013 - VILAFRANCA DO BIERZO
Día 30 de abril:
Invitamos aos veciños/as a adornar os balcois e ventás para recibir ao día seguinte aos maios.
A organización ( Asoc. Cultural Escola de Gaitas), proporcionará vexetación
silvestre e corda durante a tarde na Praza do Campairo.
Día 1 de maio: “FESTA DO MAIO” declarada de interés
turístico provincial.
Desde primeira hora e durante toda a mañá sairán
os maios tradicionais, para rematar,
como é de costume, todos os cortexos na praza maior. A continuación, terá lugar a comida campestre no xardín da
Alameda, con sobremesa folclórica.
Ás 8 da tarde, no Teatro Vilafranquino: Brigada
14 de Janeiro, grupo de folk da comarca do Alentejo (Portugal).
Día 2 de maio:
Visita
guiada polos monumentos do Conxunto histórico de Vilafranca, ao remate da
visita, cata de viño ofrecida polas
bodegas: Pérez Caramés e Alberto Ledo.
Día 3 de maio:
Visita ao Convento
da Anunciada para disfrutar das fermosas pinturas de Paul Brill e coñecer o monumental e centenario Ciprés.
Logo haberá unha visita ao Museo de Ciencias Naturais dos P.Paules. Despois das visitas, a Bodega dos Padres Paúles ofrecerá un
aperitivo.
Ás 11 da noite, no teatro Vilafranquino: Jam Sessión organizada polos músicos
máis novos da Vila.
Día 4 de maio:
Ás 10,30 da mañá, na Oficina de Turismo: Xogo-concurso de pistas culturais: “Redescobre
o teu patrimonio: Vilafranca 3.0”,
dirixido a usuarios de smartphones e tablets con acceso a internet.
Día 5 de maio:
Ás 12 da mañá, no xardín da Alameda, Teatro de
Guiñol para ninos e maiores.
*NOTA: As actividades que non teñen carácter
tradicional foron deseñadas pola
Concellería de Cultura de Vilafranca coa intención de arroupar o vello costume
da vila de cantar os maios.
MEMORIA VISUAL DAS
ÚLTIMAS FESTAS DO MAIO
En primeiro lugar, é xusto lembrar como organizadores a un conxunto de
autores creadores dos carteis de cada ano. Como no DVD que editamos no ano 2008
xa incluímos unha memoria dos máis de 30 anos que levamos nestas lides, eiquí e
agora imos recordar quen foron os dos anos seguintes:
Se
curioseades nos seguintes enlaces podedes ver pequenas reportaxes da Festa do
Maio dos anos:
2012...2011…2009…2008 (clica no ano que che interese)
Ningún comentario:
Publicar un comentario