FESTA DO MAIO 2015,
DECLARADA DE INTERESE TURÍSTICO PROVINCIAL
Seguindo o costume do ano pasado
eiquí vimos todos a cantar o maio…
Este ano o 1º maio vén como todos os anos marcando o paso da forza da
tradición que nos empuxa a celebrar a entrada da primavera co entusiasmo que esperta
en nós a estación dos amores, na que as barburetas dan bicos ás flores e nas
que nacen as violetas. Os vilafranquinos e bercianos fomos quen de custodiar,
ano tras ano, para as novas xeraciois, para o século XXI, este rito ancestral e sinxelo, unha tradición que
soubo incorporar unha melodía tradicional relacionada co Camiño a Compostela e que
durante os últimos 100 pasou de ser unha de tantas a única presenza dun maio
humano no noroeste peninsular que con carácter permanente saía ás rúas. Esta
festa do Maio, é unha festa singular, declarada no ano 2009 de Interese
Turístico Provincial.
É un símbolo da nosa riqueza patrimonial e da nosa identidade que
recibimos e que mantemos tal como era, un precioso documento etnográfico capaz
de transmitir unha experiencia esencial daquel mundo rural primixenio que vive
acorde coa natureza. Pero sabemos que é un legado fráxil que non é de pedra,
que precisa do cariño para a súa transmisión. De aí que con ese cariño llo entreguemos
aos máis pequenos, os ninos e nenas que foron a alma da súa permanencia no
tempo, para que sigan sendo eles os seus protagonistas, para que de maiores sexan
eles que llo ofreza aos seus fillos e fillas. Esa repetición milenaria é o que
converte en tradición un costume, á vez de permitir a orixinalidade fruito das
circunstancias específicas coa que se acompaña cada ano.
Por
iso este ano cargado de evocaciois literarias e poéticas vén a nosa memoria a
inevitable, melancólica e humilde violeta que buscaba Enrique Gil y Carrasco “a orillas de la fuente”, pero tamén a esperanza, a inocencia e a
alegría que el vía nas barburetas que outro poeta, Fernández Morales, cantou bicando
nas flores. Este ano romántico vai
imprimir un selo especial aos actos que arroupan a tradición e que contribúen a
darlle unha dimensión diferente a esta festa distinta.
Recuperamos para a noite do día 2 a ronda e desde os balcois, nas rúas e
prazas de Vilafranca ecoarán os coloquios de amores, barburetas e flores, entre
gaitas e cantos de veciños e visitantes que dará comezo cunha ofrenda romántica
ao noso poeta Enrique Gil ao pé da súa tumba, como el deixou escrito nunha
emotiva premonición:
Ven
mi tumba a adornar, triste viola,
y
embalsama su oscura soledad;
sé
de su pobre césped la aureola
con
tu vaga y poética beldad.
Quizá
al pasar la virgen de los valles,
enamorada
y rica en juventud,
por
las umbrosas y desiertas calles
do
yacerá escondido mi ataúd,
irá
a cortar la humilde violeta
y
la pondrá en su seno con dolor,
y
llorando dirá: ¡Pobre poeta!,
ya
está callada el arpa del amor”.
PROGRAMA DE ACTOS
1º maio. O MAIO TRADICIONAL
Ás 9 da mañá saída a cortar as cañabeiras polos arredores
da vila.
Acto seguido comezan a vestirse os maios:
Lugares:
Campo da Galiña, As Veigas altas, Socubo e a Cábila.
Ás 11 da mañá comezan os distintos percorridos polos
barrios da vila.
Ás 14 horas xúntanse todos os grupos na Praza Maior.
18.00 O BRINCA VAI en VILAFRANCA
Entrega dos Premios dos Concursos dos
Intercambios escolares Martín Sarmiento que contará coa actuación de
Paco Nogueiras co espectáculo musical BRINCA
VAI! *
-
Ás 17.00 Arroupando a tradición: preparando a ronda.
Iniciamos o adorno das rúas por onde se fará o percorrido nocturno.
-
Ás 11 da noite dará comezo
o Coloquio teatral de amores, barburetas
e violetas na realizaremos unha ofrenda simbólica de violetas e poemas ante
ao escritor Enrique Gil y Carrasco con motivo da celebración do Bicentenario do
seu nacemento e do denominado Ano Romántico.
Guiarán o
percorrido os regueifeiros Luis Correa
“Caruncho” e Bieito Lobariñas,
ademais de contar coa participación dos
actores “Los Epidauros” así como dos
músicos da vila e/ou dos visitantes.
NOTA: O
cartel deste ano é tamén consecuencia desa intención por difundir e promocionar
entre as xeraciois dos novos bercianos o espírito da mesma. Escollemos como
imaxe da festa deste ano un dos traballos presentados por escolares de todo o
Bierzo que participaron dun concursos, experiencia plástica que propuxemos a través dos Intercambios
Escolares que organiza a Comisión Cultural Martín Sarmiento. A continuación colgamos algunha foto da entrega de Premios que tipo lugar antes da actuación de Brinca Vai no Teatro.
Maios na Praza Maior (1-V-2015) |