ARROUPAR A FESTA DO MAIO
Comezamos a festa a ritmo de muliñeira ao igual que a rematamos.
Obradoiro de baile tradicional do sábado 28 de abril. Graciñas a Marisa Cela pasamos unha marabillosa tarde divertida e didáctica. Aprendemos a estrutura do baile tradicional con puntos da zona.
O día 29 de abril no Teatropresentamos o libro Viaje a una provincia invisible do amigo Alfonso Fernández Manso que tras explicar a estrutura da obra e as principais intenciois, deu pé a unha lectura dunha selección de textos incluídos na edición, entre os que destacamos a homenaxe a Lola e Jonh Breaux. Un pórtico fermosísimo, emotivo e cargado de contido ecocultural como prólogo de luxo á Festa. Leron os textos seleccionados dous membros do Conde Gatón, José Luis Gutiérrez
"Guti" e Javier Vecino, que se acompañaron da música deste último composta para a ocasión, outra beleza difícil de esquecer.
Chegou a derradeira noite de abril na que o Drama dos amores de Primavera e o Dragón do Inverno foi o paso previo á queima do Burro. Unha simbiose singular entre a profesionalidade de Os Quinquilláns e a intervención de actores espontáneos que procuraron a participación constante dun público realmente entregado.
O MAIO TRADICIONAL
Comezamos o día cortando as cañabeiras, acompañados dun fotógrafo dunha prestisiosa revista inglesa sobre os usos das plantas.
Vestimos os maios nos lugares habituais no Instituto, no Cruce, no Socubo e no Campo da Galiña.
E saíron as comitivas de maios dende os cuatro barrios cantando:
Marzo airoso, abril chuvisnoso,
sacan ao maio florido e fermoso
Este maio, señora, é,
este maio andaba de pé.
Pedindo castañas en todas as casas que atopamos no percorrido:
Tire castañas, señora María,
tire castañas que as ten na cociña.
Estas portas son de ferro,
onde vive un caballero.
Esta casa é de pedra,
onde vive unha doncella.
Ata chegar á praza e deitar os maios por última vez e cantar a derradeira copla:
Levántate maio bastante dormiche
pasou un burro e non o sentiche.
E tras se liberar da forma arbórea ...
Comemos xuntos no Campairo e rematamos a festa bailando.
Fotos de Carme García, Maite García e da reportaxe gráfica de Mario de la Torre que circula pola rede. Recomendamos visualizar reportaxes como Bierzotv e outros enlaces que invitamos a ver no noso facebook con vídeos como os que seguen: