venres, 21 de agosto de 2015

A FESTA DO MAIO: UNIDADE DIDÁCTICA (1993)



AUTOR
  Héctor M. Silveiro Fernández
ILUSTRACIOIS
  Maite García Portabales
  Carmen García Portabales
FOTOS
  Marisol Poncelas 
COLABORACIOIS
  Xabier Camba
EDITA
  Asociación Cultual " ESCOLA DE GAITAS DE VILAFRANCA DO BIERZO "
IMPRIME
  Editado cunha subvención da DIRECCION XERAL DE POLITICA LINGÜISTICA-CONSELLERIA DE EDUCACION DA XUNTA DE GALICIA. 
Ano 1993.


PREFACIO: Como dí o refrán "a falar apréndese falando". Tamén as tradiciois consérvanse transmitíndoas, ano tras ano, dos máis vellos aos máis novos. Iso é o que tentamos: espallar esta tradición dos maios secularmente conservada polos nosos devanceiros, posibilitando a súa pervivencia e saldando así unha débeda máis co noso legado cultural. Tampouco esquecemos nesta ocasión a importancia que para toda cultura ten a lingua na que se expresa, sendo neste caso especialmente atendida pola situación de marxinación na que se atopa.

OBXECTIVOS
1- Achegarmos á cultura tradicional como referente inescusable para o entendemento da propia sociedade onde vivimos. Medio eficaz para impedir a uniformización cultural propiciada pola sociedade actual.
2- Coñecer a transcendencia do ciclo estacional para a economía rural.O xeito tradicional de marcar o tempo e a súa influencia nos valores herdados e no entorno socio-económico. 3- Crear actitudes positivas diante das tradiciois como explicación das especificidades da cultura propia dun pobo, o seu carácter, a súa historia.
4- Coñecer a lingua e valorar o emprego do galego dos nosos maiores desde séculos atrás, como manifestan as coplas conservadas por tradición oral. Este é un medio idóneo para promover o uso da lingua dos nosos maiores entre os máis novos.
5- Recoñecer o papel da faceta lúdica na celebración do ciclo primaveral. O interese da pervivencia do costume e a significación que ten no presente.
6- Salientar a transcendencia do traballo colectivo, da colaboración e da ampla participación de tódolos mozos, tamén de tódolos veciños para a realización dos distintos rituais tradicionais que contribúen a manter a solidariedade e, por suposto, as relaciois da comunidade.
7- Fomentar a preocupación ecolóxica diante da degradación da natureza e potenciando unha actitude crítica de cara á consecución do preciso equilibrio entre o progreso e o ecosistema.

ESTRUTURA DA UNIDADE DIDACTICA
  -Introdución: 

  De onte a hoxe.
  Tipos de festexos de Maio.
  Os maios galegos.
  -A Festa do Maio de Vilafranca do Bierzo

   O único exemplar vivo dos maio-mozo galegos.
   A letra dos Maios de Vilafranca.
   Conclusiois. 

  -Actividades: Preescolar, Ciclo inicial, ciclo medio, ciclo superior, BUP.
  -Bibliografía consultada.


Ningún comentario:

Publicar un comentario