venres, 28 de agosto de 2015

AS XORNADAS MARTÍN SARMIENTO (2005- 2015)

Desde o ano 2005 as actividades da Comisión Cultural Martín Sarmiento centráronse nas denominadas XORNADAS MARTÍN SARMIENTO que levan realizado neste dez anos sete ediciois.

Os precedentes, unha vez constituída a Comisión Cultural (que tamén tivera unha iniciativa anterior naque se realizou unha serie de reuniois pro museo de Vilafranca) pensando inicialmente que o 2002, o ano Sarmiento ao ser homenaxeado no Día das Letras Galegas pola Real Academia Galega, debería ter unha continuidade no tempo de cara a seguir difundindo a obra do erudíto, desenvolvendo o que denominamos PROXECTO SARMIENTO PARA O BIERZO. Este proxecto contempla unha serie de iniciativas entre as que se atopa a da CASA NATAL do ilustrado galego nacido en Vilafranca e unha Aula da Natureza que a pesar que se deron pasos aínda non son realidade, pero tamén había outras actividades como eran as Xornadas Escolares Martín Sarmiento que se levan realizando e van cobrando maior entidade a medida que se realizan ano tras ano coincidindo coa súa data de nacimento. 

A modo de memoria realizamos unha panorámica das Xornadas realizadas dende o ano 2005 ata o 2015. Cada unha das ediciois procurou centrarse nunha serie de facetas dos traballos de Sarmiento que veñen destacadas no lema ou título de cada edición (se clicas en cada título poderás consultar os programas e máis abaixo podes ver vídeos e crónicas das actividades levadas a cabo durante estes anos)

I- XORNADAS MARTÍN SARMIENTO:TOPONIMIA, NATUREZA E LINGUA (2005)

MEMORIA DA 1ª XORNADA MARTÍN SARMIENTO

TOPONIMIA, NATUREZA E LINGUA

 

A COMISIÓN CULTURAL "MARTÍN SARMIENTO"

Naceu no inverno do 2001 para celebrar unha homenaxe no ano 2002 ao Pai das LETRAS GALEGAS sumándonos aos actos realizados en toda Galicia e solicitar da Xunta de Galicia e a Junta de Castela y León a sinatura dun convenio para a reconstrucción da súa Casa Natal en Vilafranca. A filosofía da Comisión Cultural pretende implicar a todas as asociaciois e entes culturais e educativos de Vilafranca, e mesmo a Concellería de Cultura na defensa do nosos valores patrimoniais, por iso está aberta a todas as persoas que desexen integrarse e colaborar nesta etapa de consolidación deste proxecto de divulgación da obra e figura do ilustrado Martín Sarmiento e un labor de defensa do noso patrimonio natural, histórico, cultural e lingüístico.

 

AS XORNADAS "MARTÍN SARMIENTO"

As Xornadas "Martín Sarmiento" queren renovar anualmente e dun xeito moi práctico este compromiso con nosos recursos culturais entendidos no sentido máis amplo, para facer un seguimento a diversos proxectos que están madurando e que contribuirán a consolidar infraestructuras moi válidas de estudo e recuperación dos nosos bens patrimoniais. O "audete sapere" é un verdadeiro lema das xornadas. Era unha das máximas de Sarmiento que nos vale para "atrevermos a saber" e a estudar o noso para logo podelo conservar ou transmitir. As Xornadas "Martín Sarmiento" son, en certa medida, debedoras en varios sentidos das Xornadas da Cultura e Lingua galegas no Bierzo que se celebraron en Vilafranca nos anos 90. Coinciden no formato, na defensa da lingua materna de Sarmiento como un elemento central da súa convocatoria e no seu interese por ser unha referencia no movemento cultural do Bierzo.

 

TOPONIMIA, NATUREZA E LINGUA

A nosa riqueza toponímica pode perderse de non facermos un esforzo real na conservación dos milleiros de nomes de lugar que morrerán cando se calen para sempre as voces dos seus valedores, os nosos maiores. A despoboación, a falta de rigor e interese da administración fan perecer irremediablemente esta parte máis feble do noso patrimonio. Quixemos valorar aquí as posibilidades que temos de manter viva esta parte sustancial do noso patrimonio histórico e cultural. Ademais a toponimia ten derivaciois de gran interese antropolóxico que é un dos aspectos que non desexamos perder no Bierzo, razón pola que incluimos nestas xornadas unha proposta para a realización da cartografía mitolóxica do Bierzo.

 

Por outra banda, desde o ano 2002 vimos traballando na recuperación do Museo de Ciencias Naturais dos P. Paúles e pola creación dunha Aula da Natureza para o Bierzo co nome de Martín Sarmiento que tería a súa sede en Vilafranca. Sarmiento foi un gran observador da natureza, o seu método de estudo e a súa preocupación polo medio fan del un naturalista de excepción. Comprobarémolo a través dun dos seus traballos e veremos como é posible aplicar o seu modus operandi á hora de observar as peculiaridades da nosa fauna. Hoxe é máis necesario que nunca coñecer para preservar e, no Bierzo, é muito o que podemos facer neste sentido.

 

VILAFRANCA, O BIERZO E PONTEVEDRA

Se no ano 2002 Vilafranca e Pontevedra se unían para homenaxear ao Padre Sarmiento, daquela percatámonos, bercianos e galegos, da posibilidade de manter unha ligazón activa no terreo cultural e educativo seguindo os pasos do ilustrado nado en Vilafranca e criado en Pontevedra. Nesta ocasión , e confiamos que en anos sucesivos, a Vila de Pontevedra estará presente nas Xornadas comezando así un intercambio cultural que repercuta favorablemente en ambas vilas. Un reto e unha honra que a Comisión agradece publicamente e que está disposta a secundar.

 

SARMIENTO NA ESCOLA

Precisamente unha das facetas máis prácticas desta Comisión vén ligada a nosa preocupación polo mundo da educación, outra das constantes do pensamento de Sarmiento. Chegar aos centros de ensino con propostas que impliquen a Comunidade Educativa nos fins que perseguimos para que sexan as novas xeraciois de bercianos verdadeiros protagonistas da dinámica de recuperación do noso patrimonio.


 

"AUDETE SAPERE" Atrévete a saber!

 Sabes en que lugar vives? Sabes con que animais convives?


PROGRAMA DE ACTOS  DE MARZO 2005

9 de Marzo Centros de Ensino

Xornada Escolar "Martín Sarmiento".

 

12 de Marzo . CASA DA CULTURA

18,00 h. PONENCIAS E COMUNICACIOIS:

" O MEGO DA ESCOLA"por HECTOR M. SILVEIRO, coodinador dun proxecto didáctico da Comisión Sarmiento.

PARA UNHA CARTOGRAFÍA MITOLÓXICA DO BIERZO por ANA FILGUEIRAS REI, arqueóloga e antropóloga.

CSI SARMIENTO. SOS LINCE IBÉRICO por LOLA FDEZ ÁLVAREZ, investigadora e etnobotánica.

 

PROXECCIÓN:

BIERZO NATURAL por PEPO NIETO SANTÍN estudioso da fauna berciana. Trátase dun traballo fotográfico e de estudo da natureza berciana que conta coa colaboración de Nicanor Nieto Fdez , Nicanor Nieto López, Pedro Valiñas e Alejo Sandes.

 

20.00 h. CONFERENCIA:

A RECUPERACIÓN TOPONÍMICA E A TOPONIMIA BERCIANA por GONZALO NAVAZA, profesor da Universidade de Vigo, escritor e membro da Comisión Toponímica da Xunta de Galicia.

 

PROGRAMA DE ABRIL 

30 de Abril TEATRO VILAFRANQUINO

Xornada de Clausura

18.00 h Presentación das conclusiois dos traballos didácticos sobre Sarmiento de " O MEGO DA ESCOLA".

 

20.00 h : Actuación teatral

"A CAÍDA DO CONSELLEIRO" de Anxo Lourido

a cargo da  AULA DE TEATRO MUNICIPAL DE PONTEVEDRA.

 

NOTA: A representación desta obra é unha colaboración específica coa que a Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra quixo estar presente nestas Xornadas coa intención de promover tanto ao uso da lingua materna de Sarmiento, como a un intercambio cultural entre a vila que veu nacer e a vila que veu medrar ao ilustrado galego e berciano.

 

Organiza: COMISIÓN CULTURAL "MARTÍN SARMIENTO"

Patrocina: Concellería de Cultura do ILMO. AYTO. de VILAFRANCA DO BIERZO.








II. XORNADAS MARTÍN SARMIENTO: MEMORIA, PATRIMONIO E LINGUA (2006)

MEMORIA DAS II XORNADAS MARTÍN SARMIENTO

PROGRAMA DE ACTOS DAS XORNADAS

 

Xoves 9 de marzo 2006

Xornada Escolar ?Martín Sarmiento?

 

Sábado 18 de marzo: CASA DA CULTURA

18,00 h PONENCIAS E COMUNICACIOIS:

 

INTERCAMBIO ESCOLAR “MARTÍN SARMIENTO” por XOSÉ ÁLVAREZ GARCÍA,

profesor de galego no IES Padre Sarmiento.

 

A MEMORIA DA SOMOZA NA REDE por OSWALDO PEREIRA

coodinador das páxinas villafrancadelbierzo.org, miradas3 e do foro

sobre Vilar de Aceiro.

 

UN CIPRÉS NUN CONVENTO NA ÉPOCA DE SARMIENTO por LOLA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ,

investigadora e etnobotánica, da Comisión Pro IV Centenario do Ciprés da Anunciada.

 

UN COMPROMISO CO PATRIMONIO: XXV ANOS DA ESCOLA DE GAITAS por HÉCTOR M. SILVEIRO, coordinador da Comisión Martín Sarmiento e Pte. da Asociación Escola de Gaitas.

 

PROXECCIÓN:

BIERZO NATURAL: HERPETOFAUNA BERCIANA por PEPO NIETO SANTÍN,

fotógrafo e estudioso de fauna berciana.

 

20.00 h. CONFERENCIA-DIAPORAMA

UN PASEO POLA ARQUEOLOXÍA DE VALDEORRAS E O BIERZO EN MEMORIA DE MARTÍN SARMIENTO por JOSÉ FERNÁNDEZ PÉREZ,

Pte. da Sección de Arqueoloxía e Ecoloxía do Instituto.de Estudos Valdeorreses(IEV)

 

 

CIRCUÍTOS CULTURAIS “MARTÍN SARMIENTO”

Sábado 27 de maio : TEATRO VILAFRANQUINO

19,30: Presentación dos Circuítos Culturais “Martín Sarmiento” coa intervención do Pte. Consello Comarcal e Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia .

20.00 h. A continuación a actuación teatral: O HEROE, de Manuel Rivas

a cargo da compañía SARABELA TEATRO

 

Con esta actuación daránse por clausuradas as Xornadas Martín Sarmiento 2006.

 

Organiza:

COMISIÓN CULTURAL "MARTÍN SARMIENTO"

Patrocinan e colaboran:

Concejalía de Cultura M.I. Ayuntamiento Villafranca del Bierzo

Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra

Dirección xeral de creación e difusión cultural, da Consellaría e Cultura e Deporte da Xunta e Galicia

 

 

II XORNADAS “MARTÍN SARMIENTO” Vilafranca do Bierzo

 

MEMORIA, PATRIMONIO E LINGUA

9 e 18 de marzo - 27 de maio 2006

 

"AUDE SAPERE" Atrévete a saber!

 

 

A COMISIÓN CULTURAL MARTÍN SARMIENTO naceu no inverno do 2001 para celebrar no ano 2002 unha homenaxe ao Pai das LETRAS GALEGAS sumándonos aos actos realizados en toda Galicia e solicitar da Xunta de Galicia e a Junta de Castillla y León  a sinatura dun convenio para a reconstrución da súa Casa Natal en Vilafranca.

A Comisión Cultural é unha posta en común aberta de todas as asociaciois e entes culturais e educativos de Vilafranca, mesmo da Concellería de Cultura, para poñer en valor os nosos bens patrimoniais a través dun proxecto de divulgación da obra e figura do ilustrado Martín Sarmiento e un labor de defensa do noso patrimonio natural, histórico, cultural e lingüístico.

 

As XORNADAS “MARTÍN SARMIENTO” Son a fórmula anual de seguimento dos proxectos deseñados de cara a consolidar infraestruturas válidas para o estudo e recuperación dos nosos recursos patrimoniais. As Xornadas Martín Sarmiento queren ser unha referencia necesaria na dinámica cultural do Bierzo, onde o ilustrado ten un papel que xogar indiscutible pola amplitude, vixencia e a modernidade dos seus traballos.

 

MEMORIA, PATRIMONIO E LINGUA

O valor da Memoria como chamamento á reflexión, a mirada ao noso pasado para entender o presente e afrontar o futuro é un elemento imprescindible sempre á hora de abordar un traballo arredor do Patrimonio. Este ano 2006 é ademais un ano no que se dá a circunstancia de que no ámbito comarcal é rico en aniversarios e celebraciois ás que non podemos ser alleos. Destacaremos tamén os importantes traballos que a través das novas tecnoloxías como a Internet están dando os seus froitos na recuperación da memoria.

 

Unha estreita e vella relación do Bierzo con Valdeorras non nos pode pasar desapercibida de cara a un traballo conxunto sobre un patrimonio común, unha das grandes metas dos proxectos que tentamos poñer a andar.

 

CIRCUÍTOS CULTURAIS “MARTÍN SARMIENTO”

O interese por promover unha relación cultural, enriquecedora e fluída entre O BIERZO e GALICIA fai que, tras do primeiro paso que supuxo o intercambio propiciado polo goberno municipal de Pontevedra das Xornadas pasadas, a Comisión Sarmiento coordine a posta en marcha este ano dos CIRCUÍTOS CULTURAIS MARTÍN SARMIENTO nos que participan igualmente concellos como os de Pontevedra e Vilafranca, pero que buscando a continuidade e a superación dos actos aillados auspiciamos un convenio entre o Consello Comarcal do Bierzo e a Dirección Xeral de Creación e difusión cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta para facer realidade esa ligazón activa, necesaria e prometedora no terreo da cultura.

 

INTERCAMBIO ESCOLAR “MARTÍN SARMIENTO” ( Bierzo-Pontevedra)

 

13-14 de marzo:

1ª sesión Intercambio escolar en Vilafranca:

Recepción en Vilafranca dos alumn@S de Primaria de secundaria dos centros CEIP. XUNQUEIRA II e IES. GONZALO TORRENTE BALLESTER de Pontevedra.

 

30-31 de marzo:

2ª sesión Intercambio escolar en Pontevedra:

Desprazamento a Pontevedra dos alumn@s bercianos de 6º de Primaria do CEIP S.: LORENZO DE BRINDIS (Vilafranca) e de Lingua galega dos centros IES. EUROPA e VIRGEN DE LA ENCINA (Ponferrada), IES.BERGIDUM FLAVIUM (Cacabelos) e IES. PADRE SARMIENTO (Vilafranca do Bierzo).

 

 

Xa ano pasado as Xornadas tiveron unha compoñente educativa e desenvolveron un traballo escolar moi significativo, que nos levan a presentar no presente curso unha experiencia de intercambio escolar, cultural e lingüístico para unha aula de Primaria e outra de Secundaria entre centros Bercianos e Pontevedreses. O fío condutor serán a figura e obra de Sarmiento. Para esta actividade a Comisión Cultural edita as propostas didácticas denominadas “O MEGO NA ESCOLA” .

Debemos indicar que ademais dos centros citados colaboran outras entidades para que estes intercambios se leven a cabo como a Asociación Berciana da Lingua XARMENTA e do propio Concello de Vilafranca do Bierzo e a Concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, a Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia .








III-XORNADAS MARTÍN SARMIENTO: PATRIMONIO, MUSEOS E SABER (2007)



MEMORIA DAS III XORNADAS MARTÍN SARMIENTO

PROGRAMA DAS XORNADAS

1 e 2 de marzo: 1ª FASE DOS INTERCAMBIOS ESCOLARES “MARTÍN SARMIENTO”

Xornada Escolar “Martín Sarmiento” dos nen@s do Bierzo en Pontevedra.

 

9 de marzo, día do nacemento do ilustrado: CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SINATURAS PRO CUMPRIMENTO DO ACORDO PARA A RECONSTRUCCIÓN DA CASA DE SARMIENTO

 

Sábado 24 de marzo: TEATRO VILAFRANQUINO

19,00 h Presentación:

PROXECTO DA COMISIÓN SARMIENTO PARA A CASA NATAL por HÉCTOR M. SILVEIRO, coordinador da Comisión Martín Sarmiento

MESA REDONDA sobre:

INFRAESTRUTURAS MUSEÍSTICAS : A CASA NATAL DE SARMIENTO, REFERENTE DO CAMIÑO A SANTIAGO

Inservirán:

-Dna. CONCEPCIÓN LÓPEZ BLANCO, Concejalía de Cultura de Vilafranca.

- D. VICENTE CELA QUIROGA, Alcalde de Vilafranca.

-D. AGUSTÍN GARCÍA MILLÁN, Deputado Provicial e membro da oposición.

-D. RICARDO RODRÍGUEZ SAAVEDRA, Presidente Consello Comarcal do Bierzo.

-D. FRANCISCO SINGUL LORENZO, S. A. Do Plan Xacobeo da Xunta de Galicia

-D. ANTONIO AMADO LORENZO, Arquitecto autor do Proxecto da Casa do Padre Sarmiento.

 

27 e 28 de marzo: 2ª FASE DOS INTERCAMBIOS ESCOLARES ?MARTÍN SARMIENTO?

Xornada Escolar dos nen@s de Pontevedra no Bierzo.

- Recepción nos centros CEIP. San Lorenzo de Brindis e IES Padre Sarmiento.

- Visita á vila natal de Sarmiento.

- Visita ás Medulas e Mosteiro de Carracedo.

- Recepción oficial no Concello de Vilafranca.

 

XORNADA DE CLAUSURA

Sábado 28 de abril : TEATRO VILAFRANQUINO

18,00: Ponencia:

PASADO, PRESENTE E FUTURO DO MUSEO DE CIENCIAS DOS PADRES PAÚLES por P. Manuel Peleteiro.

18,30: MESA REDONDA sobre:

UN CONVENIO PARA O FUTURO: MUSEO DE CIENCIAS NATURAIS DOS P. PAÚIS.( participarán diversos expertos da museística, taxidermia e ciencias naturais)

19,30: Presentación nos Circuítos Culturais “Martín Sarmiento” coa intervención do director documental FRONTEIRAS, de Rubén Pardiñas e Carlos Aguilera Premio Xpresate no III Festival PLAYDOC de Tui ( 2007)

Con esta proxección daranse por clausuradas as Xornadas Martín Sarmiento 2007.

Organiza:

COMISIÓN CULTURAL MARTÍN SARMIENTO

Patrocinan e colaboran:

Concejalía de Cultura M.I. Ayuntamiento Villafranca del Bierzo

Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra

Consejo Comarcal del Bierzo

Dirección Xeral de creación e difusión cultural

Consellería de Cultura e Deporte ( Xunta de Galicia).

 

 

A COMISIÓN CULTURAL MARTÍN SARMIENTO naceu no inverno do 2001 con dous obxectivos que se celebrasen no ano 2002 o Día das Letras Galegas en Vilafranca do Bierzo e que se chegase a un acordo para a reconstrucción da Casa Natal. Os dous obxectivos foron conseguidos sumándonos así aos actos realizados en toda Galicia en homenaxe ao Pai das LETRAS GALEGAS e asinándo a Xunta de Galicia, a Junta de Castillla y León e o Concello de Vilafranca un convenio para a reconstrucción da súa Casa Natal de Sarmiento.

A Comisión Cultural, como unha coordinadora de asociaciois, entes culturais e educativos de Vilafranca, mesmo da Concellería de Cultura, vén traballando dende entón para poñer en valor os nosos bens patrimoniais a través dun proxecto de divulgación tomando como referencia a obra do ilustrado Martín Sarmiento un dos mellores baluartes na defensa do noso patrimonio natural, histórico, cultural e lingüístico.

 

As XORNADAS “MARTÍN SARMIENTO” Son a fórmula anual de seguimento dos proxectos deseñados de cara a consolidar infraestruturas válidas para o estudo e recuperación dos nosos recursos patrimoniais. As Xornadas Martín Sarmiento queren ser unha referencia necesaria na dinámica cultural do Bierzo, onde o ilustrado ten un papel que xogar indiscutible pola amplitude, vixencia e a modernidade dos seus traballos.

 

PATRIMONIO, MUSEOS E SABER

Cando pasaron case os 5 anos da sinatura do acordo para a reconstrucción da Casa Natal de Sarmiento pretendemos centrar o noso interese no cumprimento dito acordo. O día 9 de marzo comezamos unha campaña de recollida de sinaturas, tentamos tamén que as distintas autoridades implicadas no proxecto expliquen o pasado o presente e o futuro do acordo e da Casa, e finalmente a propia Comisión presenta as súas ideas e o seu compromiso na dinamización futura da Casa Natal de Sarmiento, que son parte esencial do seu proxecto dende a súa creación.

Hai outra infraestrutura museística de gran interese para Vilafranca pola que tamén apostamos que é o Museo de Ciencias Naturais dos P. Paúis para a que se vai asinar un acordo co goberno municipal coa intención de reubicalo e ampliar o seu contido, para o que a Comsión propón a creación da denominada Aula Ecocultural “Martín Sarmiento”, un espazo de interpretación da natureza, antropoloxía e etnografía como un todo.

 

Por último, seguimos traballando no PROGRAMA DIDÁCTICO “SARMIENTO NA ESCOLA”, a través dos INTERCAMBIOS ESCOLARES?MARTÍN SARMIENTO?(Bierzo-Pontevedra).

1-2 de marzo: Intercambio escolar en Pontevedra: Desprazamento a Pontevedra dos alumn@s bercianos de 6º de Primaria do CEIP S.: LORENZO DE BRINDIS (Vilafranca)e CRA Ximena Muñiz ( Corullón) e de 1º ESO de Lingua galega dos centros IES.BERGIDUM FLAVIUM (Cacabelos) e IES. PADRE SARMIENTO (Vilafranca do Bierzo).

27-28 de marzo: Intercambio escolar en Vilafranca e no Bierzo: Recepción en Vilafranca dos alumn@S de Primaria e de Secundaria dos centros CEIP. XUNQUEIRA II e IES. GONZALO TORRENTE BALLESTER de Pontevedra.

Xa é o terceiro curso con esta experiencia de intercambio escolar, cultural e lingüístico para unha aula de Primaria e outra de Secundaria entre centros Bercianos e Pontevedreses. O fío conductor son a figura e obra de Sarmiento e os valores patrimoniais. Para esta actividade a Comisión Cultural edita as propostas didácticas denominadas ?O MEGO NA ESCOLA? .

Debemos indicar que ademais dos centros citados colaboran outras entidades para que estes intercambios se leven a cabo como o propio Concello de Vilafranca do Bierzo e a Concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, a Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

 

CIRCUÍTOS CULTURAIS “MARTÍN SARMIENTO”

O interese por promover unha relación cultural, enriquecedora e fluída entre O BIERZO e GALICIA, a Comisión Sarmiento coordine de novo este ano os CIRCUÍTOS CULTURAIS MARTÍN SARMIENTO buscando a súa continuidade coa colaboración do Consello Comarcal do Bierzo e a Dirección Xeral de Creación e difusión cultural da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.


IV- XORNADAS MARTÍN SARMIENTO: SARMIENTO E O BIERZO. DE SARMIENTO A MORALES NA PROCURA DA IDENTIDADE  

As IV XORNADAS "MARTÍN SARMIENTO" veñen de ser convocadas pola Comisión Cultural Martín Sarmiento de Vilafranca do Bierzo que conta ademais para a organización das mesmas coa implicación da Concellalía de Cultura desta mesma vila na que un 9 de marzo de 1695 nacera o erudito ilustrado e Pai das Letras Galegas. 

Nesta ocasión o longo lema que rexirá as mesmas consta dun título xenérico: Sarmiento no Bierzo, ao que acompaña o subtítulo: De Sarmiento a Morales na procura da identidade. A intención da Comisión Cultural e da Concellalía de Cultura á hora de relanzar estas xornadas volve a insistir na relación que mantén Sarmiento coa nosa comarca, non só polo mero feito de ter nacido na vila do Burbia, senón pola impronta que a súa obra ten en fenómenos como o do Rexurdimento do galego e do seu cultivo literario no Bierzo. Por iso aparece nesta ocasión ao pé de Sarmiento outro autor como Antonio Fernández Morales, do que vimos de celebrar o 150 aniversario da publicación dos seus "Ensayos poéticos en dialecto berciano" que reciben unha forte influencia tanto na forma como nos contidos da obra de Sarmiento titulada "Coloquio dos 24 galegos rústicos", composto en 1200 coplas que escribiu en 1746.

Este ano quixemos tamén facernos eco doutro senlleiro aniversario. Trátase do décimo curso escolar no que está presente nos centros docentes do Bierzo o denominado Programa de Promoción do Galego. Por este motivo imos darlles protagonismo nestas xornadas aos centos de alumnos/as, as máis de mil familias que escolleron voluntariamente esta materia á hora de matricularse tanto en Primaria como na ESO ou Bacharelato, celebrar os bos resultados que está tendo e o éxito do programa tamén co profesorado que o fixo e o fai posible e por suposto co conxunto dos centros nos que se imparte pola dificultades que esta incorporación presenta e como se van superando. O alumnado de Vilafranca, do resto do Bierzo e mesmo de Pontevedra está preparando xa unha serie de propostas didácticas que servirán como fío condutor dos INTERCAMBIOS ESCOLARES "MARTÍN SARMIENTO" deste curso seguindo o camín das ediciois pasadas e que nesta ocasión amplíanse considerablemente no tocante tanto ao número de centros invitados a participar como no volume de traballos que se esperan reunir. Precisamente o próximo 9 de marzo está programado un acto no Teatro de Vilafranca que servirá de posta en común, concluído o período de elaboración e de dar paso a súa difusión na rede.



Podes ver  un vídeo de promoción da IV XORNADAS e dos seus contidos  e un resumo dunha das sesiois realizadas no Teatro de Vilafranca o 9 de marzo de 2012)



A Comisión Cultural Martín Sarmiento e a Concellalía de Cultura do Concello de Vilafranca do Bierzo á hora de relanzar estas xornadas intentan incidir na relación que mantén Sarmiento coa nosa comarca, non só polo mero feito de ter nacido na vila do Burbia, senón pola impronta que a súa obra ten en fenómenos como o do Rexurdimento do galego e do seu cultivo literario no Bierzo. Por iso aparece ao pé de Sarmiento outro autor como Antonio Fdez. Morales, do que vimos de celebrar o 150 aniversario da publicación dos seus "Ensayos poéticos en dialecto berciano" que reciben unha forte influencia da obra de Sarmiento titulada "Coloquio dos 24 galegos rústicos" composto en 1746.

 

Este ano facémonos eco tamén doutro aniversario, o do décimo curso escolar no que está presente nos centros docentes do Bierzo o Programa de Promoción do Galego. Por este motivo imos darlles protagonismo nestas xornadas aos centos de alumnos/as, as máis de mil familias que escolleron voluntariamente esta materia á hora de matricularse tanto en Primaria como na ESO ou Bacharelato, celebrar os bos resultados que está tendo e o éxito do programa tamén co profesorado e, por suposto, co conxunto dos centros nos que se imparte. O alumnado de Vilafranca, do resto do Bierzo e mesmo de Pontevedra exporán as liñas básicas dos traballos que está realizando para os INTERCAMBIOS ESCOLARES "MARTÍN SARMIENTO 2012".

Este ano ademais inauguramos o ITINERARIO SARMIENTO, incorporando á oferta turística e patrimonial de Vilafranca do Bierzo, este percorrido multidisciplinar e moi singular polo núcleo urbano e os seus arredores, á imitación do "modus opperandi" do propio Sarmiento nas súas viaxes.

 

PROGRAMA DE ACTOS

 

Venres 9 de marzo: Teatro de Vilafranca

 

11h: INAUGURACIÓN: Intervención da Alcaldesa e o Concelleiro de Cultura.


CHARLAS: SARMIENTO E O BIERZO 

Sarmiento e o Bierzo,

por Héctor Silveiro, coordinador da Comisión Cultural Martín Sarmiento e membro correspondente da RAG.

 

- De Sarmiento a Morales,

por Anxo Angueira, catedrático de Lit. Galega da Universidade de Vigo, escritor e recitador recoñecido.

 

12h. EXPOSICIÓN TRABALLOS DOS INTERCAMBIOS ESCOLARES:

"De Sarmiento a Morales, na procura da identidade"

-Centros de Primaria e IES do Bierzo e Pontevedra: (powerpoint)

Os centros participantes nos INTERCAMBIOS ESCOLARES MARTÍN SARMIENTO 2012:

 

CEIP e IES do BIERZO

CEIP S. Lorenzo de Brindis (Vilafranca)

CEIP V. García Yebra (Ponferrada)

CEIP Compostila, (Ponferrada)

CPEIP Divina Pastora (Vilafranca)

CRA Jimena Muñiz (Corullón)

CEIP Jesús Maestro, (Cuatroventos)

CEIP San Ildefonso, (Camponaraia)

CRA Toral de Merayo,

CEIP M.L.Ucieda (Toral dos Vados)

CRA Carucedo

CRA Ponte de Domingo Flórez.

CEIP Virgen del Carmen,(Placa)

CEIP V. de la Quinta Angustia (Cacabelos).

IES Bergidum Flavium (Cacabelos)

IES Europa (Ponferrada)

IES Padre Sarmiento (Vilafranca)

IES Virgen de la Encina (Ponferrada)

 

Centros de Galicia:

*Estes traballos froito do intercambio con centros de Pontevedra. Os centros son CPR San Narciso de Marín e IES Valle Inclán de Pontevedra.

  

13h. CLAUSURA: Coa intervención do director do IES Padre Sarmiento como un dos centros participantes e das autoridades educativas presentes da Comunidades autónomas de Galicia e de Castela e León. Entrega de Diplomas aos participantes.

 

Sábado 10 de marzo.

 

11h. ITINERARIO SARMIENTO

O Itinerario SARMIENTO é unha iniciativa de promoción e reivindicación patrimonial da vila natal de Martín Sarmiento a través dos lugares que están estreitamente relacionados coa vida e coa obra do sabio ilustrado. Seguindo o seu lema "sapere aude": "atrévete a saber" realizaremos un percorrrido por VILAFRANCA DO BIERZO e a súa contorna. Será unha posta en común de distintos estudosos locais de campos como a Natureza, a Historia e a Cultura tradicional e do que poden participar veciños e visitantes desta vila na que a primavera comeza un 9 de marzo.

 O Itinerario comezará ás 11 horas na Alameda ao pé do busto de Sarmiento realizado por A. Nogueira.

 

Organiza este itinerario a Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO

 Colaboran: Asociación BARANTÉS, Asociación A MORTEIRA e Aso. Cultural BURVAL e a Oficina de Turismo Local.









 A seguir podes tamén ver un vídeo promocional desta edición:





 E tamén deixamos enlaces cos seguintes contidos:








Deixamos eiquí algún enlace cos vídeos cunha reportaxe sobre as VI XORNADAS e outros das distintas intervenciois dos centros escolares participantes dos Intercambios Martín Sarmiento 2014:






 A continuación deixamos varios enlaces de interese sobre esta edición:

FOTO CON SARMIENTO
CONCURSOS CON SARMIENTO
POLÍTICA MUNICIPAL, EDUCACIÓN E LINGUA NO BIERZO
REPERCUSIÓN MEDIÁTICA DAS XORNADAS



Ningún comentario:

Publicar un comentario