Na última década en Ourense capital, constatamos un
importante descenso de participación na festa dos Maios, así como certas
desviacións no espírito da festa. Esta celebración, recentemente declarada de
interese turístico, é unha das máis importantes e representativas da nosa
cidade, polo que se fai precisa a revitalización desta, fomentando unha maior
implicación dos axentes sociais e culturais da cidade e unha actitude nos
participantes que devolva á festa os seus valores etnográficos e cívicos. Para
iniciar este proceso de recuperación e revalorización da festa dos Maios en
Ourense, convocamos o Foro dos Maios, en que podermos reunir os participantes
das últimas celebracións xunto coas persoas máis salientábeis no ámbito da etnografía
e da cultura locais para unha análise etnográfica, histórica e social da festa
que permita asentar as bases de participación, así como a implementación de
todas as medidas que se consideren pertinentes.
Local: Caixanova. Avda de Pontevedra.
Programa e horarios
11.00 Os Maios en Galiza: Ourense. Conferencia do
etnógrafo Clodio González Pérez.
12.30 Pausa-café.
12.45 "Dinámicas da recuperación do Maio humano
en Vilafranca do Bierzo". Conferencia e proxección de vídeo. Heitor
Silveiro. Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo
14.30 Xantar cos participantes e axentes culturais
18.00 Mesa redonda: Clodio González Pérez, Heitor
Silveiro, Lorinda Fernández Faria (A. VV. Rabo de Galo) Francisco Espino (Arquiveiro
municipal). Xosé Carlos Sierra (Director do Museo Etnolóxico do Ribeiro).
Moderador: Lois Pardo
21.00 Regueifeiros. Pola sua condición de oralidade
e de improvisación de coplas, programase a actuación de dous regueifeiros
(Pinto d'Herbón e Luís Caruncho) que mostrarán o proceso improvisativo das
coplas. Local: The Irish Clan.
* As conclusións do Foro xunto cos textos dos
participantes e outros documentos conformarán un libro que será apresentado
coindindo coa Festa dos Maios de 2004
* O Foro dos Maios está homologado pola Universidade
de Vigo e computa con 10 horas para optar a créditos.
Convoca: Concellaria de Cultura do Concello de
Ourense
Colaboran: Caixanova, Universidade de Vigo
Ningún comentario:
Publicar un comentario