xoves, 20 de agosto de 2015

Maios 2004

Foro dos Maios en Ourense
Data: 27de marzo de 2004


Na última década en Ourense capital, constatamos un importante descenso de participación na festa dos Maios, así como certas desviacións no espírito da festa. Esta celebración, recentemente declarada de interese turístico, é unha das máis importantes e representativas da nosa cidade, polo que se fai precisa a revitalización desta, fomentando unha maior implicación dos axentes sociais e culturais da cidade e unha actitude nos participantes que devolva á festa os seus valores etnográficos e cívicos. Para iniciar este proceso de recuperación e revalorización da festa dos Maios en Ourense, convocamos o Foro dos Maios, en que podermos reunir os participantes das últimas celebracións xunto coas persoas máis salientábeis no ámbito da etnografía e da cultura locais para unha análise etnográfica, histórica e social da festa que permita asentar as bases de participación, así como a implementación de todas as medidas que se consideren pertinentes.

Local: Caixanova. Avda de Pontevedra.
Programa e horarios
11.00 Os Maios en Galiza: Ourense. Conferencia do etnógrafo Clodio González Pérez.
12.30 Pausa-café.
12.45 "Dinámicas da recuperación do Maio humano en Vilafranca do Bierzo". Conferencia e proxección de vídeo. Heitor Silveiro. Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo
14.30 Xantar cos participantes e axentes culturais
18.00 Mesa redonda: Clodio González Pérez, Heitor Silveiro, Lorinda Fernández Faria (A. VV. Rabo de Galo) Francisco Espino (Arquiveiro municipal). Xosé Carlos Sierra (Director do Museo Etnolóxico do Ribeiro). Moderador: Lois Pardo
21.00 Regueifeiros. Pola sua condición de oralidade e de improvisación de coplas, programase a actuación de dous regueifeiros (Pinto d'Herbón e Luís Caruncho) que mostrarán o proceso improvisativo das coplas. Local: The Irish Clan.
* As conclusións do Foro xunto cos textos dos participantes e outros documentos conformarán un libro que será apresentado coindindo coa Festa dos Maios de 2004
* O Foro dos Maios está homologado pola Universidade de Vigo e computa con 10 horas para optar a créditos.
Convoca: Concellaria de Cultura do Concello de Ourense

Colaboran: Caixanova, Universidade de Vigo

Ningún comentario:

Publicar un comentario