venres, 21 de agosto de 2015

VÍDEO/ DOCUMENTAL: OS MAIOS MOZOS DE VILAFRANCA DO BIERZO (1993)

OS MAIOS MOZOS

DE VILAFRANCA DO BIERZO

Hai que ir o primeiro de maio a vilafranca para vivir unha auténtica festa ancestral e popular. Os maios son enigmáticas representaciois de cultos máxicos para honrar a árbore como símbolo fértil da natureza; nas crenzas máis primitivas influía na fecundidade dos homes, do gando e da colleita dos campos. Os primeiros maios alzáronse, quizáis, no neolítico, cando o home das cavernas converteuse en agricultor. Noutros tempos habitantes destas terras a pesares das condeas da igrexia, disposta a cristianizalo todo, seguiron a través dos séculos celebrando este rito primaveral. Este maio humanizado constitúe un precioso documento etnográfico único exemplar vivo dos maios-mozos tan abundantes en toda Galicia ata fai unhas décadas. A lingua e as tradiciois conforman un apartado importantísimo da definición da psicoloxía dun pobo, ou sexa, da súa cultura. Este maio pasa por ser unha das manifestaciois máis evidentes da cultura galega fóra da Galicia administrativa. As súas coplas inalterables de ano en ano conservadas pola tradición oral en galego da zona e a súa música arcaica relacionada, tal vez, cos fenómenos culturais medievais do Camiño de Santiago lle confiren un carácter moi peculiar.


CRÉDITOS DO VÍDEO:


BENXAMÍN VÁZQUEZ: Director e guionista deste video, que sitúa o maio de Vilafranca no conxunto de representaciois de maio existentes, é un home que no seu labor no mundo da comunicación e o periodismo ten unha importante experiencia no tratamento de temas galegos nos que destaca unha serie de traballos co título xenérico de "Galicia inédita" que el dirixíu recentemente e que no seu momento foron proxectados nas pantallas da TVG e outras canles.

 Palabras de Benxamín Vázquez na presentación do documental  na sesión de clausura das 1ª Xornadas da Lingua e Culturas Galegas no Bierzo (Cacabelos 28-VIII-1993).

Producción: CTV S.A.
Op.Cámara: Benito Vázquez e Xesús Ceballos.

Son: Anxo Paderne.

Voz: Manuel Torrente

Montaxe V.T.R.: Xerardo Rodríguez e Raúl R. Salgueiro.

Realización: Miguel Piñeiro.
Guión e Dirección: Benxamín Vázquez.
Gravado en 1991
Duración aprox. 25 minutos.
Foto portada: Maite García Portabales
Edita: ASOC. CULTURAL "ESCOLA DE GAITAS DE VILAFRANCA".

Coa subvención da Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. (Ano 1993)

Ningún comentario:

Publicar un comentario