sábado, 27 de agosto de 2016
BREVE CRÓNICA VISUAL DA FESTA DO MAIO 2016
Son muitas as fotos e reportaxes que a festa do maio xenera neste mundo tan dado a retratarse a través da rede. Imos facer unha pequena selección de fotos e videos que dan unha idea aproximada do vigor que conserva e atractivo que provoca esta festa tradicional. Desexamos que a mesma siga gozando de boa saúde, que non se sature, que manteña unhas dimensiois semellantes ás que hoxe presenta para que preserve ese sabor a popular que deben ter este tipo de manifestaciois culturais do patrimonio inmaterial. Graciñas a todos os vilafranquinos/as que a fain florecer cada primavera e tamén a os visitantes e veciños doutros lugares do Bierzo que nos acompañan.
Reportaxe sobre os maios do 2016 en bierzotv
Sobre o dia 30 á noite na que fixemos "A queima do Burro" tamén hai varios vídeos. Esta parte do programa como todo o mundo debe saber non é tradicional, pero si moi divertida e animada. Realizamos unha ronda musical acompañados da fanfarria Taquikardia na que se botan coplas dende os balcois ben de amor, ben alusivas á primavera, muitas veces cargadas de ironía e cun carácter espontáneo. Este ano tamén fomos quen de realizar varias escenas para teatrais en ton de farsa como a que podedes ver neste enlace da corte do Rei Bieito continuación e rematamos coa queima do burro que simboliza ao Inverno. Reiteramos a todos os participantes e colaboradores, que son muitos como podedes apreciar, a alegría coa que se suman coa ilusión por manter viva a festa e o seu compromiso coa tradición. Graciñas
Levantate maio bastante dormiche,
pasou un burro (inverno) e non o sentiche.
Ningún comentario:
Publicar un comentario