Hai unha porta naquel
castañeiro no souto ao pé do Mirandelo centenario que nos invita a camiñar
polas estaciois que o correr do tempo nos debuxan. Atravesou Raúl González esa porta dende Pobladura
para baixar á vila pola de Hermosilla ata chegar á Portaxe e ao Socubo.
Raúl invítanos a abrir a porta aos nosos maios nesta
primavera para velos desfilar polas rúas empedradas de Vilafranca. A música da gaita e a inocencia dos ninos van
diante á par, lembran como a festa se mantivo grazas a elas, logo, ocupando
todo ao ancho e o centro do cadro, acaparan a nosa atención os maios mozos
anónimos, vestixios do espertar da
natureza que avanzan pola vila de rúas estreitas e antigas, entre altas casas de corredores e balcois abertos á
cantiga alegre e ao rumor que medra, que se intúe e insinúa tras da mata verde
vigorosa dos maios humanos. Atrás vén xente.
Sen querer está no cadro ese río de xente que
se escoita como un rumor próximo baixo a ponte. Voces de pequenos e maiores que
cantan á primavera coplas sinceras de amor e agarimo, que formalizan o rito da
tradición con palabras repetidas de pais a fillos, de avoas a netas, que soan a
himno verdadeiro como as flores e a alegría que arrecenden mentres unhas mozas coroan con edras aos seus mozos entre risos amables.
Como un elemento
que non comparte a marcha cara adiante deste discorrer da primavera e do
Burbia, un home a contracorrente na beirarrúa e un muro que son de cemento, non
de pedra, amosa colgada ás costas unha
simbólica bota de viño. É como o eixe da porta que nos lembra que agora se
abre, pero pode estar pecha, ábrese para
ofrecer, a quen mira a escena, unha idea certa e sutil do movemento e vigor do
conxunto do cadro.
Triunfa a cor
verde da vida que tan ben combina coa cor das pedras, novas metáforas de algo
tan vello como o fluír verde do tempo que logo se volverá amarelo no outono e o
eterno vagar dos cantos do río que fixeron posible a construción desta vila.
Graciñas de corazón, Raúl.
H.S.
H.S.
PROGRAMACIÓN DA FESTA DO MAIO 2018
ARROUPANDO A TRADICIÓN
Sábado 28 de abril: Na Casa da Cultura, de 18,00 ás 20,00 h.
Obradoiro de baile tradicional da Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo. Ademais levarase a cabo a confección do Burro do Inverno.
Sábado 28 de abril: Na Casa da Cultura, de 18,00 ás 20,00 h.
Obradoiro de baile tradicional da Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo. Ademais levarase a cabo a confección do Burro do Inverno.
Domingo 29
de abril: 20,00 h. No Teatro Vilafranquino: “Enrique Gil y Carrasco”
Presentación do libro VIAJE A UNA PROVINCIA INVISIBLE de Alfonso Fernández- Manso.
Presentación do libro VIAJE A UNA PROVINCIA INVISIBLE de Alfonso Fernández- Manso.
Luns 30 de
abril: Ás 21,30 h. na Praza do Campairo:
Representación polas rúas históricas da vila do DRAMA DA PRIMAVERA E O BURRO DO
INVERNO a cargo do grupo OS QUINQUILLÁNS.
A continuación, tras da QUEIMA
DO BURRO DO INVERNO, actuación do grupo de música
tradicional EMBRUXO GAITEIROS na Torre do Campairo.
*No caso de chuvia a representación sería no Teatro e a actuación
musical no interior da Torre da Praza do Campairo.
O MAIO TRADICIONAL
Martes 1 de maio:
Martes 1 de maio:
Ás 9 da mañá saída a
cortar as cañabeiras polos arredores da vila. Logo comezan a vestirse os maios nos lugares habituais:
Campo da Galiña, As Veigas Altas, Socubo e a Cábila.
Ás 11 da mañá
percorren os distintos barrios e prazas da vila pedindo castañas maias aos peis dos balcois, de porta en porta cantando e deitando aos maios a son da tradicional e antiga melodía polas rúas nun ritual que se repite cada ano, como as coplas que se cantan.
Ás 14 horas reúnense todos os grupos na Praza Maior para cantarmos todos xuntos:
Levántate maio, bastante durmiche,
pasou un burro e non o sentiche.
Levántate maio, bastante durmiche,
pasou un burro e non o sentiche.
A continuación comida
campestre de todos os participantes no lugar de costume.
Ningún comentario:
Publicar un comentario