Marzo airoso, abril chuvisnoso
sacan ao maio florido e hermoso!
Esta copla tradicional sobre o ritmo dos meses fainos lembrar unha frase, unha consigna, pronunciada por Greta Thunberg, unha rapaza adolescente do norte de Europa, que nos conmove, á vez de comprometernos na loita contra a catástrofe climática que estamos causando os humanos. Debemos poñernos: En pé polo planeta!
Non pode parecer estraño que este ano no cartel da Festa do Maio sexa unha adolescente primaveral a que nos demande con xustiza atención. Se ben é certo que dalgún xeito cada ano que levantamos o maio nos estamos poñendo en pé polo planeta, o mundo natural reclama cada vez con maior insistencia a nosa resolución en cumprir coa nosa obriga de saber conservar os ciclos estacionais. As forzas da Natureza solicitan alto e forte respecto, á vez que seguen sorprendéndonos co esplendor de cada primavera despois do duro inverno, esa estación fría que nosoutros vemos como un burro que camiña lento para simbolizar, como fan as augas dos ríos, o paso ineludible do tempo no correr das estaciois.
Ao noso entender, Carolina Ovalle, no cartel que deseñou con tanto agarimo, xoga con tres elementos claves que apuntan cara a ese espertar cíclico e necesario da Natureza que cada vez máis nos implica:
A mestura mítico-natural de elementos que flúen na festa de xeito ancestral, a infancia-adolescencia como certeza e esperanza de futuro e o ineludible paso do tempo que simboliza o burro.
Unha adolescente figura feminina representa a Primavera, unha divindade, que parece invitarnos a presenciar a súa entrada. Natureza e Primavera veñen da mao. Se cabe, Carolina fai máis presente que nunca a estreita relación que garda este ciclo das plantas co mundo animal. Non só se destaca o mundo vexetal, que se fai dono da festa a través da diversidade das flores, están tamén as fugaces bolboretas que contribúen á explosión da estación. A fusión do natural co mito e co humano entra na composición sobre un paxaro (un gaio, como lle dicimos por eiquí) que transporta unha curiosa metamorfose de bolboreta gaiteira, que, ademais da cor, trae consigo o son e a humanización; ecos de gaitas ás que se suma un bombo na procura dunha harmónica sinestesia.
Por outra banda, en primeiro plano preséntase o contraste entre o burro vello coroado de flores (que é o inverno) e un personaxe noviño mui particular que está a pé e xorde da mata de cañaveiras. El representa a infancia con características tanto míticas como humanas, é dicir, un elfo-nino, vestido de maio, que non é ningún dos ninos ou ninas veciños da vila, pero singulariza a todos os centos, os miles de ninos que foron por un día ao longo de séculos e séculos a representación da deusa ou o deus, o espírito da fertilidade, da árbore viva que anda polas rúas traendo por tradición a Primavera ás xentes de Vilafranca do Bierzo no 1º de maio.
Saiamos logo a celebrar a entrada da Primavera, levantemos un ano máis o maio, comamos as castañas maias e, á vez de cumprir co rito, sumemos conciencias e activos para cada día saber estar e seguir en pé polo planeta!
H.S.
Saiamos logo a celebrar a entrada da Primavera, levantemos un ano máis o maio, comamos as castañas maias e, á vez de cumprir co rito, sumemos conciencias e activos para cada día saber estar e seguir en pé polo planeta!
H.S.
PROGRAMA (en breve)
NoTa: A autora do cartel deixou o seguinte comentario en Facebook:
Con éste cartel he querido homenajear a las antiguas Diosas y Dioses , inevitablemente vinculados a la Naturaleza.
Éste día celebramos la consagración de la primavera , y
desde tiempos prerromanos , en la Villa se recogen de buena mañana las cañaveiras
(apio caballar) con las que se visten a los mozos y mozas.
Gracias a la Escola Gaitas Villafranca Bierzo por confiar en
mí para creación de éste cartel, he disfrutado muchísimo y espero haber
transmitido el espíritu Natural y Ancestral que me ha acompañado durante su
"nacimiento" desde mi alma hasta mi mano.
Carolina Ovalle
Carolina Ovalle
Ningún comentario:
Publicar un comentario