martes, 23 de abril de 2019

MASCARADA ARBÓREA (THE PLANT)


























A seguir unha reportaxe (textos e fotografías) que realizou na Festa do Maio de 2018 a prestixiosa revista inglesa The Plant en Vilafranca do Bierzo.







MASCARADA ARBÓREA.

OS MAIOS EN VILAFRANCA DO BIERZO
Durante muitos séculos, a natureza foi o eixe central da vida humana e marcou o paso do tempo. En honor á saúde, a abundancia e a nova vida, os rituais da fertilidade convertéronse nunha data importante dentro do calendario das festas anuais.
As tradiciois que celebraban a renovación da vida humana e animal despois da morte do inverno foron transmitidas pola tradición oral e herdadas de xeración a xeración.
O festexo gaélico de Beltane, por exemplo, dedicado a Belt, a deusa da primavera, celébrase cada ano o 1 de maio en toda Irlanda, Escocia e a Illa de Man. Cerimonias similares teñen lugar a través da Europa pagá de acordo coas diferentes tradiciois de cada rexión, e os vestixios deses ancestrais rituais pagás continúan hoxe en día. O pau de maio vive en Europa do Norte, especialmente en Alemaña e Austria, mentres que Eslovenia celebra a fertilidade e a nova vida coa figura tradicional chamada Kurrent. En Italia temos o Rumit e España ten os “Hombres de Musgo”

En Galicia, unha rexión predominantemente agrícola onde a xente aínda mantén unha estreita relación coa natureza, os Maios comezaron como un ritual de fertilidade.
En Vilafranca do Bierzo, cerca de Lugo, no norte de España, a comunidade local mantén  as súas tradiciois celtas. Os Maios, un precioso ritual de renovación, celébrase cada 1 de maio. Esta tradición resistiu a proba do tempo, aínda que foi cristianizada ata certo punto, como os maios cónicos que atopamos na cidade próxima de Ourense, feitos con estruturas de musgo e plantas. Sen embargo, os Maios de Vilafranca do Bierzo son os únicos en España que manteñen as súas raíces pagás, así como a súa personificación como figuras humanas, e sobreviviu á Inquisición e á ditadura de Franco, que intentaron abolir esas cerimonias, acusándoas falsamente de bruxería.

Os maios comezan na mañá cedo. Grupos de ninos da veciñanza  aventúranse nos montes para recoller unha planta umbelífera local coñecida como cañaveira ou maio (Smyrrnium olusatrum). Similar ao érbedo amarelo e ás veces confundido coa mortal “cicuta”, a planta rexional, tamén coñecida como apio cabalar, tein un talo oco e é forte como unha cana salvaxe, que é de onde procede o térmo galego cañaveiras. No pasado utilizábase para facer frautas, e durante a Idade Media, extraían as súas sementes e usábanse como especias e os talos fervidos servían para bases de sopa.

Os adultos experimentados axudan aos ninos a fabricar disfraces feitos con plantas, cubrindo o seu corpo enteiro. Déixanse pequenos buracos para os ollos, para que poidan ver o xusto para camiñar e non ser identificados. Eles teñen como obxectivo parecer árbores reais, que renaceron, reclamando o poder atávico da máscara. Outros ninos cantan unha canción tradicional en galego acompañando á procesión polo pobo. Ao longo do camiño, o grupo de ninos enmascarados e cantantes paran nas portas de todas as casas para traer boas novas e pedir comida. Os vecíns entón botan doces, desde os seus balcois, especialmente castañas, un símbolo de nacemento e fertilidade típico da rexión. Se os veciños responden con abundantes agasallos de comida, os maios túmbanse na rúa e preparan unha actuación teatral que simboliza o paso natural da morte do inverno e o florecer da primavera. Cuando os vecíns non son xenerosos, eles cantan coplas que salientan a súa tacañería.
A esencial simpleza dos maios,  móstranos formas de entender a natureza, non como obxectos meramente físicos, senón como suxeito para ser admirado, arredor do cal xiran a nosa esfera vital. Eles lémbrannos que as cañaveiras, as pedras, os ríos , os animais, as castañas e nosoutros, os seres humanos, estamos todos conectados como parte do mesmo sistema, rotando arredor do mesmo eixe.


Déixanse pequenos buracos para os seus ollos
polos que poden ver o suficiente para camiñar,
pero non se poden identificar. 
Devecen semellar árbores que renaceron 
reclamando o poder atávico da máscara.





Nota: Fotografías de Tex Bishop
Tradución da Escola de Gaitas do texto orixinal de Isabel  Bassas.




Ningún comentario:

Publicar un comentario