venres, 26 de abril de 2019

PROGRAMA FESTA DO MAIO 2019



CUATRO CONSELLOS A TER EN CONTA PARA  MANTER UNHA  TRADICIÓN ANCESTRAL

1º/ IR  CORTAR AS CAÑAVEIRAS PARA O TEU GRUPO DE MAIO: A festa  realmente comeza coa corta das cañaveiras, cada barrio prepara de principio a fin o seu maio. Así se fixo sempre, logo teremos que traballar para que así se siga facendo. Se pensas participar queda cos teus amigos/as para ir cortar as cañaveiras, as flores e outros adornos e montar logo o teu maio.

 VESTIR UN MAIO UNHA GRAN RESPONSABILIDADE:

- APRENDER A VESTIR UN MAIO:  Vestir un maio non é fácil, pero tampouco é difícil. Unha das claves é que as persoas que se vistan teñan presente que se van a converter en árbores andantes. Terán que cubrirse por completo  coas cañaveiras e para que non se caian ao andar haberá que atalas con corda e con xeito ao corpo de quen se viste.

 -SE TE VAS VESTIR TU, LEMBRA QUE O MELLOR MAIO É O QUE NON SE SABE QUEN VAI DENTRO: As persoas que se visten deberán permanecer o máis rixidos posible cos brazos e maos atadas ao corpo.  Dos xeonllos abaixo irán libres para poder andar a pequenos pasiños. Unha das cousas máis importantes para respectar o espírito ancestral da festa é que quen se vista de maio non sexa recoñecido por ninguén, logo debe ir ben cuberto o seu rostro como se fose unha máscara, só debe levar os ollos libres para ver por onde camiña.

3º/  CANTAR POLAS RÚAS A CANCIÓN PEDINDO CASTAÑAS A CALQUERA VECÍN:  Os maios chegan a todas as casas de Vilafranca e cada vecín ou veciña da vila espera participar da festa, logo hai que pararse a pedir as castañas en cada casa na que vexamos xente,  cantar o “Tire castañas, señora María…” e logo se dá algo ao maio, unha copla de agradecemento,  e se non dá nada, unha do estilo “Estas portas son de lousa onde vive unha roñosa”.

4º/ PARTICIPAR DA FESTA TAMÉN É BOTAR AS CASTAÑAS DENDE OS BALCOIS:  Non só cantando, tamén é importante botar as castañas ou darlle algún diñeiro aos maios. Unha fórmula de agradecemento por traer a alegría da Primavera, da Natureza e todos os seus bens.  Lembrade  que “se non comes castañas o primeiro de maio, darache o desmaio”  



PROGRAMA

30 de abril     ARROUPANDO A TRADICIÓN :

22,00 na Alameda  QUEIMA DO BURRO DO INVERNO   



 22,30 na Prazoleta de D. Pío 


Arrancadeira 
Actuación de ARRANCADEIRA  de Ponferrada e 
de EMBRUXO GAITEIRO de Ordes.

Embruxo gaiteiro












1 de maio     MAIO TRADICIONAL
9,00  Saída a cortar as cañaveiras polos arredores da vila. Logo comezan a vestirse os maios nos lugares habituais: Campo da Galiña, As Veigas Altas, Socubo e a Cábila.
11,00  Percorrido polos barrios e prazas da vila pedindo castañas maias aos peis dos balcois, de porta en porta cantando e deitando aos maios ao son das coplas tradicionais e a antiga melodía que acompaña aos nosos maios.
14,00 Todos os grupos xúntanse na Praza Maior para cantarmos :
           Levántate maio, bastante durmiche,
                pasou un burro e non o sentiche.

A continuación comida campestre de todos os participantes no Campairo. Este ano co compromiso de redución do uso de todo tipo de plásticos.

Nota:  O cartel do maio é obra de Carolina Ovalle á que lle agradecemos a súa fermosa e xenerosa colaboración.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario