CUATRO CONSELLOS A TER EN CONTA PARA MANTER UNHA TRADICIÓN ANCESTRAL
1º/ IR CORTAR AS CAÑAVEIRAS PARA
O TEU GRUPO DE MAIO: A festa realmente comeza coa corta das cañaveiras,
cada barrio prepara de principio a fin o seu maio. Así se fixo sempre, logo
teremos que traballar para que así se siga facendo. Se pensas participar queda
cos teus amigos/as para ir cortar as cañaveiras, as flores e outros adornos e
montar logo o teu maio.
2º VESTIR
UN MAIO UNHA GRAN RESPONSABILIDADE:
- APRENDER A VESTIR UN MAIO: Vestir
un maio non é fácil, pero tampouco é difícil. Unha das claves é que as persoas
que se vistan teñan presente que se van a converter en árbores andantes. Terán
que cubrirse por completo coas
cañaveiras e para que non se caian ao andar haberá que atalas con corda e con
xeito ao corpo de quen se viste.
-SE TE VAS VESTIR TU, LEMBRA QUE O
MELLOR MAIO É O QUE NON SE SABE QUEN VAI DENTRO: As persoas que se visten deberán
permanecer o máis rixidos posible cos brazos e maos atadas ao corpo. Dos xeonllos abaixo irán libres para poder
andar a pequenos pasiños. Unha das cousas máis importantes para respectar o
espírito ancestral da festa é que quen se vista de maio non sexa recoñecido por
ninguén, logo debe ir ben cuberto o seu rostro como se fose unha máscara, só
debe levar os ollos libres para ver por onde camiña.
3º/ CANTAR POLAS RÚAS A CANCIÓN PEDINDO
CASTAÑAS A CALQUERA VECÍN: Os maios
chegan a todas as casas de Vilafranca e cada vecín ou veciña da vila espera
participar da festa, logo hai que pararse a pedir as castañas en cada casa na
que vexamos xente, cantar o “Tire
castañas, señora María…” e logo se dá algo ao maio, unha copla de
agradecemento, e se non dá nada, unha do
estilo “Estas portas son de lousa onde vive unha roñosa”.
4º/ PARTICIPAR DA FESTA TAMÉN É BOTAR AS CASTAÑAS DENDE OS BALCOIS: Non só cantando, tamén é importante botar as
castañas ou darlle algún diñeiro aos maios. Unha fórmula de agradecemento por
traer a alegría da Primavera, da Natureza e todos os seus bens. Lembrade que “se
non comes castañas o primeiro de maio, darache o desmaio”
PROGRAMA
30 de
abril ARROUPANDO A TRADICIÓN :
22,00 na
Alameda QUEIMA DO BURRO DO INVERNO
de EMBRUXO
GAITEIRO de Ordes.
1 de maio MAIO TRADICIONAL
9,00 Saída
a cortar as cañaveiras polos arredores da vila. Logo comezan a vestirse os
maios nos lugares habituais: Campo da Galiña, As Veigas Altas, Socubo e a Cábila.
11,00
Percorrido polos barrios e prazas da vila pedindo castañas maias aos
peis dos balcois, de porta en porta cantando e deitando aos maios ao son das
coplas tradicionais e a antiga melodía que acompaña aos nosos maios.
14,00 Todos os grupos xúntanse na Praza Maior para
cantarmos :
Levántate
maio, bastante durmiche,
pasou un burro e non
o sentiche.
A continuación
comida campestre de todos os participantes no Campairo. Este ano co compromiso
de redución do uso de todo tipo de plásticos.
Nota: O cartel do maio é obra de Carolina Ovalle á que lle
agradecemos a súa fermosa e xenerosa colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario