30
de abril
RECIBIMOS AO
MAIO
A
organización, a Asociación cultural Escola de Gaitas, proporcionará vexetación
silvestre e corda durante esa tarde na Praza do Campairo.
1
de maio ás 9.00
Varios grupos de rapaces
e rapazas madrugadores partirán da Casa da Cultura a esta hora para cumprir cun
dos máis fermosos ritos da tradición: cortar as cañaveiras. Os que van cortar
os maios vein nacer o día, escuitan o canto dos cochorros, das rulas e os
reiseñores, e tein o pracer de vivir este día máxico desde esas primeiras horas
namentras muitos vecíns aínda dormen.
Se cadra deberíamos chamar “canabeiras” aos maios, pero como lle
sabemos outros nomes populares da nosa fala a esta especie de apio dos cabalos
denominado en latín, o idioma da ciencia, “smirnum olosatrum” non queremos
perder esta ocasión na que ti, que estás a ler estas liñas, saibas que no
Bierzo á planta coa que vestimos os maios chamámola tamén “mazandois”.
1 de maio ás 11.00
VESTIR
OS MAIOS
A este acto íntimo da tradición podedes asistir sempre que entendades que este
momento da festa tradicional estaba reservado para os seus protagonistas.
Habitualmente vestía o maio un pequeno grupo
de rapaces e rapazas que ían converter a un dos máis altos do barrio en maio, ese
ser vexetal que simbolizaría para todos a chegada da primavera andando polas
rúas e deitándose nas prazas. É por iso que son lugares apartados do tránsito
da xente: O Campo da galiña (ao pé do Castelo), o Socubo (non mui lonxe da
Portaxe e do solar da casa natal de Sarmiento) ou do Instituto de Secundaria.
Ultimamente son tres os barrios que sacan ao seu maio, aínda que hai anos que
tamén sae o maio da Cávila.
Vestir un maio non é cousa doada. Éche cousa
complexa e para a que se precisa experiencia, se non queres que se desfaga a
maxia no medio do longo e pesado percorrido que queda por facer. Tampouco é mui
cómodo para quen se viste, pero a tradición é a tradición, e non deixa de ter o
seu aquel ser da vila, ou ser berciano, e ter sido por un día o espírito da
Natureza.
1 de maio ás 12.00 OS MAIOS
PERCORREN AS RÚAS
Saen os maios pola vila e percorren
entre todos os grupos practicamente todos os barrios. É unha festa popular que
procura o diálogo entre a comitiva do maio e os seus convecíns que, deste xeito,
participan tamén do rito. Deben polo tanto responder ás peticiois dos rapaces e
rapazas que cantan. Poden pedir que se deite o maio e eles tiran castañas,
noces, doces ou diñeiro. Acto seguido o maio levántase agradecendo con
distintas coplas os donativos. Deste xeito recíbese a benzón do maio, o vigor
da fecunda primavera que traerá boas colleitas, o ben para os homes e os animais das casas
polas que pasa, porque a natureza sempre é xenerosa con quen a respecta e a
defende.
Por se a comitiva dá con alguén
roñoso, cousa que cada ano é máis difícil
de atopar, a tradición tein
preparadas certas coplas dirixidas a esas
persoas ruíns. Houbo anos (non hai muito disto)
que aos únicos aos que se lles dirixían estas estrofas eran aos
políticos locais que non cumprían “ao esquecerse” de colaborar con esta festa
tradicional. O seu carácter único e
singular no conxunto das manifestaciois do PATRIMONIO CULTURAL BERCIANO
motivou recentemente a súa distinción
como FESTA de INTERESE TURÍSTICO PROVINCIAL.
Os percorridos das distintas
comitivas conflúen na Praza maior cara as 14 horas.
Por esta razón a tradición manda que: "o que vaia de maio non deber ser recoñcido polos seus veciños" Cuando estea listo pra saír, o seu rostro debe estar oculto por completo debaixo das cañabeiras. Só poderá deixar un oco ben pequeno para respirar e poder ver por onde camiña.
Por esta razón a tradición manda que: "o que vaia de maio non deber ser recoñcido polos seus veciños" Cuando estea listo pra saír, o seu rostro debe estar oculto por completo debaixo das cañabeiras. Só poderá deixar un oco ben pequeno para respirar e poder ver por onde camiña.
1 de maio ás 14.00
COMIDA
CAMPESTRE.
Desde que a asociación cultural
“Escola de Gaitas” organiza os actos que arroupan esta tradición, tradicionalmente
tamén sen grandes apoios económicos por parte das administraciois, procuramos
manter viva sempre a esencia da festividade, os seus valores patrimoniais e
promovemos a súa difusión para garantir
a súa conservación por riba de todo. Os maios de Vilafranca son os únicos maios
humanos do Noroeste peninsular que nunca deixaron de saír desde tempos remotos,
tempos que nos levan seguramente aos primeiros poboadores destas terras. Unha
manifestación común en Galicia, única en Castilla y León, constitúe un elemento
da nosa identidade que non podemos deixar perder.
Os valores tradicionais do
festexo da entrada da primavera tein
ademais unha lectura mui moderna de respecto á Natureza e á cultura rural e ao
seu patrimonio inmaterial dos que Vilafranca é tamén referente. Non só son
importantes os monumentos de pedra, hai monumentos máis febles, como as
tradiciois que dependen dos cantos sinxelos e humildes dos rapaces que logo
serán maiores dispostos a transmitilas aos seus fillos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario