

Debemos agradecer a todas as persoas, que invitadas a participar da iniciativa, acudiron desinteresadamente a nosa chamada e aportaron tempo e traballo para darlle corpo ás mais de 300 páxinas que sobre o galego nos lindeiros da galeguidade se foron sumando á aínda escasas publicaciois de investigación e estudo que precisa. Tamén é xusto engadir un agradecemento especial á Dirección xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia que foi quen subvencionou a edición dos dípticos, cartaces e posteriormente das Memorias das catro convocatorias que se fixeron nos anos 90.

Para a Asociación cultural, a convocatoria e organización destas xornadas foi todo un reto e contribuiu a facernos medrar, a consolidar unha conciencia e un compromiso na defensa da diversidade lingüística e da nosa riqueza cultural. Estamos orgullosos de fortalecer esta vella tradición que nos confire identidade, a fala dos nosos maiores, e singularmente a dos nosos gaiteiros, pois non se pode esquecer que nosoutros comezamos sendo unha simple escola de gaitas e que foi este instrumento quen nos foi levando xunto con tradiciois tan fermosas e vellas como a Festa do Maio, cara á preocupación pola lingua.
Como xa temos dito cada edición das Xornadas xirou arredor dun tema que foron:
Na I Xornada: A tradición oral e a lingua.
Na II Xornada: O calendario tradicional.
Na III Xornada: Homenaxe a Sarmiento.
Na IV Xornada: Textos e contextos do galego no Bierzo.
Imos logo colgar a continuación unha primeira parte da que é a memoria da I XORNADA CULTURA E LINGUA GALEGAS NO BIERZO: A tradición oral e a Lingua celebrada o 28 de agosto de 1993.
Podes consultar a versión íntegra desta MEMORIA DA 1ª XORNADAS.