domingo, 3 de maio de 2026

A FESTA DO MAIO 2026 NOS MEDIOS

Unha das fotografías deste ano no proceso de vestir
ao maio. Foto do facebook de José Quinito Pérez

Foto de Amando García García

Podemos ver distintas reportaxes nos medios e nas redes das que deixamos testemuña gráfica e audiovisual a seguir, pero lembren que as tradiciois o importante non é velas, senón vivilas:  

Orgullo galego

A QUEIMA DO BURRO DO INVERNO 

Se ben esta non é unha tradición senón un xento de arroupar á mesma, realizamso cunha fórmula que se pode vencellar a outras muitas que resultan próximas á rituais de celebración en distintas culturas e simbolismos relacionables todos co paso do tempo e das estaciois.

Bierzotv

El Bierzo Digital 

O MAIO TRADICIONAL

En Vilafranca cada primeiro de maio hai que repetir un rito, este si tradicional, no que se celebra e se lle dá a benvida á primavera, traendo ás rúas da vila dos tres ríos (O Burbia, O Valcarce e O Barburiña) un maio andante e humano acompañado de cantos que na súa andaina lembran cuando se deita a durmir en prazas e ao pé dos balcois das nosas casas, pedindo castañas maias aos veciños,  anunciando cuando se levanta que dá comezo a fecunda primavera, unha vez máis.  

Onda Bierzo

Este ano entre os/as profesionais da imaxe veu a fotografar
aos maios de Vilafranca Cristina García Rodero.

Bierzo digital

Ponferradahoy

Diario de León

lavozcomarcalbierzo

BierzoTV

domingo, 19 de abril de 2026

PROGRAMA DE ACTOS DA FESTA DO MAIO 2026

                                        O RITO DA DEUSA-NINA DO MES DE MAIO

    Unha mestura confusa da terra e da natura florida, unha melena vexetal de encontro, de unión ritual amiga e antiga, coa cara feminina da tradición fértil divertida e comprometida, referente de cultura e mirada queridas, infantil e sinxela como unha meniña, poderosa e rotunda como a mesma primavera. É síntese da cor verde das plantas e amarela das flores. Lembra as árbores nas hortas, xestas, carqueixas, cantroxos e uces nos montes cheos de colores, dispostas á festa, cómplices cos segredos esperanzados, gardados entre as follas desta deusa-nina retratada nunha soa figura que todo o enche. Agroma, medra e espera, coa ligadura de cabelos, umbelas e pétalas frondosas, erguer un maio de progreso e de cantos e amores, un maio que foxe dos odios grises como os paxaros evitan as treboadas, dos odios que rodean a eses humanos tristes tan perdidos no medio das néboas do inverno das guerras crueis e escuras, tamén en terribles xenocidios e en todo tipo de incendios devastadores de vidas. Mais veu o cachón purificador das augas e das neves, pasou xa marzo airoso e chegou un abril chuvisnoso, chegamos a estación do amor. Debemos agora levantar o maio florido e fermoso, vestido con cañaveiras para que traian a seguir os fruitos, primeiro as cireixas, logo as uvas, despois os conchos e as castañas, aló pra o outono, no outubro de vendimas e magostos, de viño novo e bullós, compañeiros do frío e da muda das follas... Ben veñas, pois, maio, coa alegría antiga da céltica Beltane e mesmo da romana Flora, ambas fundidas nun mesmo rostro inocente desta nina.   

    Quixeramos, como non, darlle mil graciñas á ilustradora María Salas, autora do cartel da Festa do Maio deste 2026, creadora dunha fermosa imaxe que ecoa  o canto infantil das máis pequenas á vez da esperanza e a mocidade vivas que acompañan sempre a toda primavera na vila do Burbia e o Valcarce os primeiros de maio, que invoca con forza ás persoas todas, vellas e novas, invita a reconciliarse, coma se fose un baile máxico, pero profundamente humano, con ese conxunto mesturado e inevitablemente unido que conforman as tradiciois e as leiras que plantar, esas que representan con fortuna e vigor ao mundo rural e sostible, á ecoloxía fiel á terra e ao idioma das xentes que a cultivan fronte á barbarie da deshumanización, fronte o atroz lobo-capitalista que nos persegue insensible sendo capaz de destruír na súa tolemia á mesma humanidade. María Salas con esa mirada doce que emerxe luminosa das fragas e da mesma terra, coa inocente nina e deusa meiga proclama non só que o futuro verde é posible, senón tamén que é desexado, querido e lóxico, sempre acorde ao ritmo das estaciois e da natureza, son harmónico e universal agochado baixo unha cuberta vexetal, alegre, olorosa e trenzada coa fusión sincera e simbólica de cantos, corpos e cabelos cos talos e follas dos mazandois que se agariman ritualmente cada mes de maio en Vilafranca. 

PROGRAMA DA FESTA DO MAIO 2026 

ARROUPANDO A TRADICIÓN

 xoves día 30 de abril 

    Na tarde do 30 de abril facemos un chamamento a que os veciños e veciñas da vila adornen os seus balcois con xestas e carqueixas ou outros vexetais como mostra colectiva de recibimento da primavera para logo á noitiña achegarse ao xardín.

9,OO: Á caída do sol saída da comitiva da Casa da Cultura que fará un percorrido polas rúas que rematará na Alameda para a simbólica QUEIMA O BURRO DO INVERNO.  

10,30...FULIXA DE BENVIDA DA PRIMAVERA

                                        Amenizada polo EMBRUXO. GAITEIROS

  FESTA TRADICIONAL DO MAIO

   (Festa de Interés Turístico Provincial)

 venres  día 1 de maio: 

9,00  Saída a cortar as cañaveiras polos arredores da vila. Logo comezan a vestirse os maios nos lugares habituais: Campo da Galiña, As Veigas Altas, Socubo e A Cábila.

11,00  Percorrido polos barrios e prazas da vila pedindo castañas maias aos peis dos balcois, de porta en porta cantando e deitando aos maios ao son das coplas tradicionais e a antiga melodía que acompaña aos nosos maios.

14,00  Xuntanza de todos os maios na Praza Maior para cantarmos:  

      Levántate maio, bastante durmiche,  

      pasou un burro e non o sentiche.

A continuación comida campestre de todos os participantes no Campairo. Como xa vén sendo norma co compromiso de redución do uso de todo tipo de plásticos.

 CUATRO CONSELLOS 

 PARA MANTER A NOSA TRADICIÓN VIVA

1º/ IR CORTAR AS CAÑAVEIRAS PARA O TEU GRUPO DE MAIO: 

A festa realmente comeza coa corta dos mazandois, cada barrio prepara de principio a fin o seu maio. Así se fixo sempre, logo teremos que traballar para que así se siga facendo. Se pensas participar queda coas túas amigas/os para ir cortar as cañaveiras, as flores e outros adornos vexetais e poder montar logo o teu maio.

2º  VESTIR UN MAIO HUMANO, UNHA GRAN RESPONSABILIDADE:

APRENDER A VESTIR UN MAIO:  Vestir un maio non é fácil, pero tampouco é difícil. O que non é doado é manterse o máis quedo posible, a pesar de estar atado para non desarmar o vestido de cañaveiras. Unha das claves é que as persoas que se vistan teñan presente que se van a converter en árbores andantes. Terán que cubrirse por completo coas cañaveiras e para que non se caian ao andar haberá que atalas con corda e con xeito ao corpo de quen se viste.

-SE TE VAS VESTIR TU, LEMBRA QUE O MELLOR MAIO É O QUE NON SE SABE QUEN VAI DENTRO: As persoas que se visten deberán permanecer o máis ríxidas posible, cos brazos e maos atadas ao corpo.  Dos xeonllos abaixo irán libres para poder andar a pequenos pasiños. Unha das cousas máis importantes para respectar o espírito ancestral da festa é que quen se vista de maio non sexa recoñecido por ninguén, logo debe ir ben cuberto o seu rostro como se fose unha máscara, só debe levar os ollos libres para ver por onde camiña.

3º/  CANTAR POLAS RÚAS A CANCIÓN PEDINDO CASTAÑAS A CALQUERA VECÍN: 

 Os maios chegan a todas as casas de Vilafranca e cada vecín ou veciña da vila espera participar da festa, logo hai que pararse a pedir as castañas en cada casa na que vexamos xente,  cantar o “Tire castañas, señora María…” e logo se dan algo ao maio, unha copla de agradecemento,  e se non  deron nada,  botar unha do estilo: 

                            “Estas portas son de losa onde vive unha roñosa”. 

4º/ PARTICIPAR DA FESTA TAMÉN É BOTAR AS CASTAÑAS DENDE OS BALCOIS:  

Non só cantando, tamén é importante botar as castañas ou darlle algún diñeiro aos maios, parte substancial do ritual. Trátase de agradecer dalgunha maneira  traer a alegría da Primavera, da Natureza e todos os seus bens á porta da casa. E lembrade que: 

 “Se non comes castañas o primeiro de maio, darache o desmaio”.

O RITO DA DEUSA-NINA DO MES DE MAIO / 2026