venres, 3 de maio de 2024

CRÓNICA DA FESTA DO MAIO 2024

 

Faise realmente complexo tentar recoller a cantidade de vivencias e momentiños que se viviron este ano na Festa do Maio,  muitas veces nin os centos de imaxes e decenas de vídeos que circulan polas redes son capaces de atrapalas. Imos tentar deixar eiquí unha breve crónica cargada de imaxes e enlaces que tentan recoller o que, se non se vive, resulta case imposible de relatar. Graciñas a todos e todas as que fixestes posible coa vosa participación que se levantase o maio un ano máis na nosa vila.


ARROUPANDO A TRADICIÓN: A QUEIMA DO BURRO 

Trátase dun acto de recente incorporación (levamos oito anos pois o primeiro burro do inverno que queimamos foi no ano 2016) que, sen ser tradicional, xa vai collendo o seu arraigo. Este ano antes de queimalo realizou un Burrocrucis acompañado de gaitas polas rúas céntricas, mesmo pousou diante da casa consistorial.  













Unha morea de xente conformou unha comitiva que remataría na Alameda queimando o burro diante da carpa instalada para o concerto de primavera de La Púcara que tivo lugar a continuación. 

No facebook Ayuntamiento de Villafranca del Bierzo o burro antes de ser queimado

No facebook da Escola pódese ver un vídeo da queima. 

No facebook de VillafrancadelBierzo un anaquiño da actuación de La Púcara


FESTA DE MAIO, FESTA DE INTERESE PROVINCIAL DESDE O 2009


CORTAR AS CAÑAVEIRAS

Sobre este primeiro paso do festexo, este acto esencial de cortar as cañaveiras quixeramos indicar que nos gustaría lograr incorporar ao mesmo a cada vez máis persoas, especialmente as máis novas, para que forme parte do ritual completo desta celebración da entrada da primavera tendo en conta dúas cousas:

- Que non podemos cortar a eito, hai que ir deixando plantas sen cortar para asegurar que nunca se van extinguir. 

- Por iso mesmo acordamos solicitar das autoridades locais que, en cada un dos barrios da vila, se preparen viveiros coa planta denominada cientificamente Smyrnium olosatrum. Basta que non se desbrocen por sistema, senón que se deixen para ir facendo un uso selectivo para vestir os maios cada ano por estas datas. Por exemplo, no coñecido como Campo da Galiña, un lugar onde nace de xeito espontáneo.  

 

VESTIR OS MAIOS 

Vestimos os maios despois de cortar as cañaveiras como sempre en cuatro barrios: Campo da Galiña, As Veigas Altas, Socubo e A Cábila.  No facebook podedes ver distintos audiovisuais coas distintas comitivas. Temos que insistir por outra parte na necesidade de que os maios humanos non sexan recoñecibles, que leven o seu rostro cuberto como é tradicional. Trátase de converter á persoa nunha árbore que anda, non pode ser un rostro coñecido, polo que debemos cuidar este aspecto realmente importante da nosa tradición. 


CANTAR O MAIO

As cantigas do maio teñen tamén a súa función, cántanse e hai que pedir en cada casa, baixo os balcois onde se canta para que boten as castañas maias, esas que se deben comer no primeiro de maio para que non nos dea o desmaio. Muitas persoas que asisten por vez primeira a estas comitivas espontáneas que acompañan aos maios humanos percorrendo as rúas non saben as coplas, pero axiña as aprenden porque se repiten unha e outra vez en cada porta á que se asoma un veciño ou veciña da vila. Esta festa chega pois a case que todos os recunchos de Vilafranca coa intención de que en todas as casas entre a alegría da nova primavera que traen da mao os maios. 


ENCONTRO NA PRAZA MAIOR

Os diferentes cortexos de maios chegaron finalmente á Praza Maior onde se deitaron no chao para cantar, por derradeira vez, todos xuntos a canción do maio, xusto antes de liberar aos seus portadores das cañaveiras coas que ían cubertos. A continuación, fomos comer todos e todas as participantes. Este ano baixo a carpa instalada polo concello na Alameda para protexermos da chuvia que aínda que houbo momentos nos que caeu como auga de maio, deixounos celebrar a festa sen chegar a pecharse o ceo por completo.  


  


Deixamos a seguir  distintas reportaxes da prensa dixital que inclúen galerías de fotos:

Infobierzo: 


Bierzo digital: Fotos QUINITO

CadenaSer: 

Bierzonoticias /

Bierzonoticias

Diario de León

La Nueva Crónica 

No facebook do Ayto. Villafranca del Bierzo

Ningún comentario:

Publicar un comentario