martes, 3 de setembro de 2019

OS CARTEIS DO CRISTO DE ROBÉS


Este ano de novo Robés sorpréndenos cun cartel que define unha liña de traballo específica para as súas creaciois artísticas sobre as festas patronais do Cristo onde conflúen, como se do Burbia e o Valcarce se tratase, a evocadora tradición e a rabiosa actualidade. Neste cartel apaisado vemos ao Mouro, a igrexa de San Nicolás e a música nun todo contemplado dende abaixo, como se fósemos un nino que ergue a cabeza cara ao ceo. Imos ir comentando cada un destes cuatro aspectos que nos presenta a fotografía co inconfundible estilo de Robés.

A visión coa que nos forza a mirar a escena coa inxenuidade inicial e propia da infancia perdida, recuperamos a primeira visión dos xigantes coa súa figura esbelta e alta, esa que tivemos sendo ninos/as procurando así a evocación do xa vivido que temos todos cada ano ao escuitar as tradicionais campás, os foguetes e lembrar aos que xa non están ao pensar como pasa o tempo (se cuadra xa non somos tan pequenos).

O movemento e a música son elementos vivos que resulta mui difícil, poderíamos dicir imposible, transmitir nunha simple fotografía. Son dous desafíos que Robés aborda con éxito. A incorporación do movemento é unha constante súa como puidemos ver en anteriores carteis (véinme á cabeza os carteis do Cristo do ano pasado e a portada do libro "Palillos de madeira" que tamén foi cartel das festas). Pero este ano o reto é maior, logra unha forza expresiva  nunha especie de sinestesia anímica do son evocado da pandeireta que se complementa co movemento das maos do xigante que baila. Ademais hai outro son evocado no fondo, no alto do campanario de San Nicolás, o das campás que redunda, como un eco, o efecto de sensaciois que o conxunto nos transmite.

A fachada da igrexa de San Nicolás, coa rotundidade construtiva dos xesuítas, xunto cun ceo mui marcado provocan un contraste evidente co protagonismo que se presenta en primeiro plano, coa figura que vemos primeiro, a figura do noso Mouro. Eíquí debemos deter a nosa análise para buscar a mensaxe e o poderoso xogo de símbolos, ou xogo cos símbolos, que o autor nos propón.

 Reparemos, en primeiro lugar, na historia do Mouro. Os xigantes e cabezudos estendéronse como expresión festiva ligados ao Corpus Christi representando un sometemento ao poder da Igrexa, ben como figuras deformes do Mal, ben como as distintas razas e continentes, representadas por parellas (musulmáns, chineses, negros,...) que abrazan a relixión cristiá e desfilan na procesión diante de Cristo. Pero o noso Mouro non chegou a Vilafranca cunha parella. Mercárono como un humilde cabezudo que empezou a correr as rúas coa súa vexiga na mao pouco despois do 1900. Sería no último terzo dese século cuando Beberide (o primeiro transgresor á hora de anovar a cartelística das festas de Vilafranca) fixo del un xigante, salvándoo do esquecemento. Convén saber que O Mouro co seu turbante, como sempre o foi, segue a ser un referente xenérico do mundo árabe, un dos diferentes temidos tanto na historia pasada como a presente, de onte e, lamentablemente, de hoxe. Esta lectura transversal da figura é sobre a que debemos reflexionar. Robés propón, xa non aquel arcaico mirar ao diferente como algo perigoso e estraño, senón unha mirada que supere os prexuízos e vexa necesario, xusto e real un mundo onde conviven con naturalidade e na festa musulmáns e cristiáns. Dándolle a volta ao sometemento e a intolerancia pasados trae a rabiosa actualidade sen esquecer a tradición e realiza un verdadeiro cartel de festas falando de integración e compromiso cun mundo mellor.


 Fermosa fusión de cor e movemento.
Foto de Robés para a portada do libro sobre os xigantes.

2 comentarios:

  1. Muchísimas gracias querido Hector:

    Agradezco tu critica acertada, por lo menos en lo que por mi parte, se pretende, es cierto que la “mirada” sigue siendo de niño, quizás porque cada vez mas niños somos y porque por la propia arquitectura de los gigantes siempre los veremos con la altura de un niño.
    Es cierto, el movimiento siempre procuro que esté presente así como el color, nuestros gigantes son articulados y eso los diferencia de muchos otros, siempre están acompañados de su musica, y eso los hace mas dinámicos, en eterno movimiento, los cielos son una constante en lo que pretendo, son los cielos de septiembre, esos cielos de Velazquez, esos cielos y esos colores pastosos que nos anuncian con tristeza el final del verano, esos colores de las fachadas cálidos como los membrillos o las viñas en pleno parto.
    Sobre el final es cierto; los que tenemos el oficio de mirar, de transmitir tenemos, debemos de tener, tengo un “compromiso” este debe de estar incluso por encima de la obra, (en mi caso así lo concibo) somos lo que vemos, y de las fuentes de donde hemos bebido e inevitablemente incluso sin esfuerzo transmitimos eso tan importante que es,
    “el compromiso”
    En este caso la lectura está clara, en unos tiempos confusos, y de claro retroceso tocamos la rabiosa actualidad de nuestro mediterráneo y las migraciones, “porque el mediterráneo es nuestro mar y sus muertos son nuestros muertos”, debemos de tomar nota y ver a el diferente desde la igualdad, sin perjuicios, como sin darnos cuenta vemos a “el Moro” nuestro Moro compartiendo al son de una humilde pandereta un espacio vital con El Cristo, musulmanes y cristianos por las calles de nuestra Villafranca en plena y natural convivencia, porque es compromiso nuestro, dejar un mundo mejor, mas justo, mas tolerante, mas igual donde cabemos TODOS .

    En cualquier caso querido amigo;
    Siempre procuro estar muy abierto a esto; la obra, (en este caso el cartel) cuando se cuelga se escapa la obra no me gusta demasiado explicarla, o se explica por si sola o si no no se explica, todo comentario sobre una obra se refiere a elementos circunstanciales de ella, estilo, lenguaje, sentimientos, pero no a la obra en si misma, la obra es una aventura hacia lo absoluto, se llega mas o menos cerca, se recorre mas o menos camino eso es todo.
    Pero hay que dejar que corra la aventura, con toda esa belleza de riesgo, de probabilidad de jugada, ...Cuando una obra está enmarcada y colgada se termina , pero no acaba, empieza, busca otra en si misma, en el autor , en el lector, en el silencio...

    Y no te olvides querido amigo que ;
    “la belleza del el árbol que hace llorar de alegría a unos pocos para los ojos de otros no es mas que una cosa verde que se interpone en su camino”

    Un abrazo.

    R.

    ResponderEliminar
  2. Graciñas a ti Robés porque é tan importante poñer o noso Patrimonio como saber innovar e enriquecelo cun enfoque que non esqueza o momento presente.

    H. S.

    ResponderEliminar