mércores, 19 de agosto de 2015

PATRIMONIO PARA O FUTURO

APOIAMOS O FUTURO DA TRADICIÓN

No rico conxunto patrimonial do Bierzo (León) e As Portelas (Zamora), un dos elementos que se está poñendo en valor é ese patrimonio da tradición oral, da fala e o patrimonio inmaterial que constituen un universo relacionado coas actividades agrarias, as artesanías e o ciclo festivo. A nosa aportación ao patrimonio inmaterial galaico-portugués está viva, é significativa e relevante. Chegamos ao século XXI conservando unha boa parte das diversas manifestaciois da nosa forma de vivir e ver o mundo, vellos oficios, costumes, lendas e festas que son hoxe símbolo do que fomos onte. Debemos estar orgullosos dese conxunto de persoas que foron e son aínda os verdadeiros transmisores a día de hoxe deste legado cultural que, como tamén é sabido, está ameazada pola configuración dun mundo globalizado e polo declive das sociedades agrarias.


A presente Candidatura do patrimonio inmaterial do galego-portugués á UNESCO é, sen dúbida, unha oportunidade irrepetible de defender o noso patrimonio e de coñecer máis a fondo a nosa identidade, por iso apoiámola sabendo que así apoiamos un patrimonio para o futuro.

UN PATRIMONIO PARA O FUTURO
O BIERZO E AS PORTELAS 
coa Candidatura do Patrimonio Inmaterial galego-portugués á UNESCO
Vilafranca do Bierzo 17 Setembro 2005

Cartel foto e deseño de Luisma Gaztelumendi.

PROGRAMA


Acto de inauguración Teatro Vilafranquino- 12,00 h.
                              Presentación da candidatura 
                              Relatorio dos novos apoios á Candidatura.
                              A tradición oral no Bierzo e As Portelas.

Mostra de Oficios e artesanías tradicionais
Praza Maior das 13,00 ás 14,00 e das 18,00 ás 20,00.

Xogos tradicionais
Na Alameda das 17,00 ás 19,30.

Acto de clausura
Teatro Vilafranquino 20,00h.

Declaraciois institucionais
Alcaldes, Pte. Consello Comarcal do Bierzo, Procurador por Zamora, Consellerías de Cultura da Xunta de Galicia e da Junta de Castilla y León.
A relación Bierzo-Valdeorras Inst. de Estudos Valdeorreses.
O patrimonio Lírico -Musical.
Recitados do escritor Anxo Angueira.
Escola de Gaitas de Vilafranca do Bierzo.
Abertal da Rúa de Valdeorras.

Promotores: 
Comisión Cultural Martín Sarmiento, Asoc. Cult.. Escola de Gaitas, As. Cult. Xente Nova das Portelas (Zamora).

Un tear con muita historia no teatro.
Mostra de oficios tradicionais na Praza Maior


Domingo González, artesán da madeira.
Os xogos dos bolos de Teixeira na Alameda
O teitador













Autoridades que apoiaron o evento.

Presentación do acto no teatro
Recitados de Anxo Angueira.
Intervención musical de Abertal da Rúa de Valdeorras.

Intervención musical da Escola de Gaitas de Vilafranca.












Apoian:
Ilmo. Ayuntamiento de Villafranca del Bierzo, Consello Comarcal do Bierzo, Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia, Consejería de Cultura de la Junta de Castilla y León, Instituto de Estudios Valdeorreses, ADISAC (As. Para el Desarrollo Integral de Sanabria y Carballeda), As. Xarmenta, As. Fala Ceibe, As. A Morteira.

Patrocina:
Ilmo. Ayuntamiento de Villafranca del Bierzo

Agradecementos a:
Juan González, Manuel Santín, José Rodríguez, Amabilio Alonso, Domingo Gómez, Mila Suarez, Alex González, Domingo González, Lorenzo González, José Moral, Remedios Poncelas, Manuela, Manuel, Isabel, Guti, Bernardino Poncelas, Fernando Alba, Felipe Hoyos, Elpidio Alba, Constento Ortega, Amador Bruña ,…

E a todos os que non figurades aiquí pero que, a vosa sabiduría, traballo ao longo dos anos e información, fixeron, tamén, posible esta mostra e manteñen o espírito que move a presentar a candidatura para que iste, o noso parimonmonio inmaterial, sexa considerado PATRIMONIO DA HUMANIDADE.


Vídeo de simulación do traballo de teitar unha palloza na entrada do Teatro (17-VIII-2005) 

Ningún comentario:

Publicar un comentario