mércores, 19 de agosto de 2015

A ESCOLA NA ACADEMIA


A REAL ACADEMIA RECOÑECE O ESFORZO DOS GALEGOFALANTES
DE FÓRA DE GALICIA

"A Real Academia Galega cumpríu co seu deber" dixo o Presidente da institución no momento de pechar o acto que o pasado 18 de decembro do 2004 se celebrou na súa sede oficial da Coruña no acto onde foron investidos académicos correspondentes polo seu traballo pola difusión do galego fóra das fronteiras administrativas da Comunidade de Galicia: Carlos Varela Aenlle pola terra Eo-Navia de Asturias, Felipe Lubián Lubián polas Portelas de Zamora, Domingos Frades polo Val das Ellas de Cáceres e o membro da Escola de Gaitas, Héctor M. Silveiro Fernández, polo Bierzo.


No seu discurso o novo académico berciano reclamou a creación en Vilafranca dun centro para a Normalización Lingüística do chamado galego extrafornteirizo. Silveiro manifestou que celebrar o ano 2002 o Día das Letras Galegas na vila natal de Sarmiento fixo o feito de falar galego "importante e prestixioso para centos de nenos da comarca... Sarmiento é unha figura da que ninguén renega, que todo o Bierzo reivindica como propia á vez de galega".

Pola súa banda o académico numerario Francisco Fernández Rei recoñeceu no seu discurso de réplica o labor de xente que, como os catro novos membros da RAG, "con moita xenerosidade e moito sacrificio persoal, trata de manter vivo o lume da galeguidade lingüística máis alá da Galicia administrativa". Territorios que están a sufrir un proceso acelerado de sustitución do galego polo castelán e que precisaba un proceso de normalización que levase unha única velocidade.

O acto rematou coa intervención musical da Escola de Gaitas de Vilafranca que interpretou o Himno do Antigo Reino de Galicia.

video

Podes consultar os distintos discursos do acto na publicación que a RAG ten colgada na rede baixo o título A HERDANZA DA LINGUA

Ningún comentario:

Publicar un comentario