venres, 21 de agosto de 2015

A FESTA DO MAIO: UNIDADE DIDÁCTICA (1993)



AUTOR
Héctor M. Silveiro Fernández
ILUSTRACIOIS
Maite García Portabales
Carmen García Portabales
FOTOS
Marisol Poncelas 
COLABORACIOIS
Xavier Camba
EDITA
Asociación Cultual " ESCOLA DE GAITAS DE VILAFRANCA DO BIERZO "
IMPRIME
Editado cunha subvención da DIRECCION XERAL DE POLITICA LINGÜISTICA-CONSELLERIA DE EDUCACION DA XUNTA DE GALICIA.

PREFACIO Como dí o refrán " a falar se aprende falando ". Tamén as tradiciois conservanse transmitindoas ano tras ano dos máis vellos ós máis novos. Iso é o que tentamos: espallar esta tradición dos maios secularmente conservada polos nosos devanceiros ,posibilitando a súa pervivencia e saldando así unha débida máis co noso legado cultural. Tampouco esquencemos nesta ocasión a importancia que para toda cultura ten a lingua na que se expresa, sendo neste caso especialmente atendida pola situación de marxinación na que se atopa.

OBXECTIVOS
1- Achegamento á cultura tradicional como referente inescusable para o entendimento da propia sociedade onde vivimos. Medio eficaz para impedir a uniformización cultural propiciada pola sociedade actual.
2- Coñece-la transcendencia do ciclo estacional para a economía rural.O xeito tradicional de marca-lo tempo e a súa influencia nos valores herdados e no entorno socio-económico. Crear actitudes positivas diante das tradiciois como explicación das especificidades da cultura propia dun pobo, o seu carácter, a súa historia.
3- Coñece-la lingua e valora-lo emprego do galego dos nosos maiores desde séculos atrás, como manifestan as coplas conservadas por tradición oral. Este é un medio idóneo para promove-lo uso da lingua dos nosos maiores entre os máis novos.
4- Recoñece-lo papel da faceta lúdica na celebración do ciclo primaveral. O interese da pervivencia do costume e a significación que ten no presente.
5- Salienta-la transcendencia do traballo colectivo, da colaboración e da ampla participación de tódolos mozos, tamén de tódolos veciños para a realización dos distintos rituais tradicionais que contribuen a mante-la solidariedade e, por suposto, as relaciois da comunidade.
6- Fomenta-la preocupación ecolóxica diante da degradación da natureza e potenciando unha actitude crítica de cara a consecución do preciso equilibrio entre o progreso e o ecosistema.

ESTRUCTURA DA UNIDADE DIDACTICA
-Introducción: De onte a hoxe.
-Tipos de Festexos de Maio.
-Os maios galegos.
-A festa do Maio de Vilafranca do Bierzo: O único exemplar vivo dos maio-mozo galegos.
-A letra dos Maios de Vilafranca.
-Conclusiois. -ACTIVIDADES: Preescolar, Ciclo inicial,ciclo medio,ciclo superior., BUP.
-Bibliografía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario