mércores, 19 de agosto de 2015

A ESCOLA DE GAITAS

A ASOCIACIÓN CULTURAL "ESCOLA DE GAITAS de VILAFRANCA DO BIERZO", leva este nome porque no inverno do ano 1981 nacía como Aula de Música do Instituto de Cultura Popular "Gilberto Núñez Ursinos"
                                                              
Nos seus primeiros anos dedícase á consolidación dun grupo de gaitas dando paso á primeira Escola de Gaitas dos lindeiros culturais galegos.




Do seu traballo no mundo da gaita destacaremos a homenaxe aos vellos gaiteiros de Vilafranca (1988) ademais do Festival Gaiteiros Tradicionais realizado con motivo do X aniversario do seu nacemento (1991) e a gravación da cassette de dito festival con temas inéditos dos gaiteiros do país.
Outramente conta no seu haber coa organización de cuatro festivais de música celta e innumerables actuaciois como grupo de gaitas entre as que destacan a participación representando ao Bierzo no "Encuentro de las Comarcas Leonesas (Riaño 1984), Festival de música celta compartindo escenario con Milladoiro (Astorga 1985), Casa de Galicia de León (1989), IV Festa dos Muiños (Pedrafita 1990), Clausura do Congreso de Etnografía y Folklore do IEB (Ponferrada 1991) IªMostra de Folclore Tradicional en Vilagarcía de Arousa e Festivais da Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo (1992) e en Ourense(1993), Encontro de Bandas de Gaitas (Taramundi 1994).

 No ano 1989 constitúese como Asociación Cultural coa fin do estudio e recuperación do patrimonio tradicional. Pero desde o primeiro momento da súa existencia vén traballando no mantemento de distintos costumes como os magostos, fogueiras tradicionais, volteo de campás e xogos populares, destacando especialmente o seu labor na revitalización da denominada Festa do Maio tradición sobre a que editou unha Unidade Didáctica para uso escolar no ano 1993, ademais dunha selección de contos infantís e un video divulgativo. Do seu traballo no terreo cultural destaca a organización das Xornadas da Cultura e Lingua Galegas no Bierzo e edición da súa Memoria centradas en distintos temas:

-A tradición oral e a lingua (28 agosto 1993)
-O calendario tradicional e a lingua (21 agosto 94)
-Homenaxe a Martín Sarmiento 1695-1995 (16 setembro 95)
-Textos e contextos do galego no Bierzo (28 decembro 1996)

Ademais no transcurso da súa longa vida como grupo musical ten participado en festas e romarías da comarca como a de Fombasalá. Participou tamén na Homenaxe ao gaiteiro, festival anual que se celebra en Vigo (na edición do 1994), nos Encontros de Música Tradicional Galega (A Rúa 1996) e no programa da Televisión Galega "Luar" acompañando aos Xigantes de Vilafranca (1997). Precisamente con eles ten un compromiso anual de facelos bailar nas festas patronais de Vilafranca.



 Do seu traballo no mundo da gaita destacaremos a homenaxe aos vellos gaiteiros de Vilafranca (1988) ademais do Festival Gaiteiros Tradicionais realizado con motivo do X aniversario do seu nacemento (1991) e a gravación da cassette de dito festival con temas inéditos dos gaiteiros do país. Recentemente(1999-2000) impulsou xunto con outras asociacióis e persoas interesadas dun proxecto museístico para a vila de Vilafranca arredor da denominada Asociación Pro-Museo de Vilafranca onde nace a proposta no outono do 2001 de crear a Comisión Cultural "SARMIENTO 2002" que inicialmente reivindicou a celebración do Día das Letras Galegas do 2002 na vila natal de Sarmiento co obxectivo de dinamizar o estudio e a recuperación dos valores patrimoniais nos que Sarmiento reparou á vez de popularizar a obra do ilustrado galego nacido en Vilafranca. Precisamente polo labor a prol do galego no Bierzo ao longo xa máis de vinte anos recibe este ano 2002 o Pergamiño de Honra xunto con outros movementos reivindicadores do galego nos territorios de Asturias e Zamora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario