UNHA FANTÁSTICA COMUNIDADE PARTICIPATIVA DE LUCILLE BREAUX FDEZ(2010)
Esta cartel, queirámolo ou non, é un canto fantástico ao colectivo, ao plural, ás persoas que fan posible a Festa do Maio. Ata o de agora falamos da planta, dos símbolos, da transcendencia do anónimo da figura vexetal que sacamos ás rúas e prazas, pero faltaba reparar na tremenda funcionalidade social que provoca este festexo nos veciños e nas veciñas. De como esa veciñanza participa da Festa.
Lucille Breaux Fernández, se non foi a primeira, está entre as primeiras rapazas que se vestiu de Maio. Un síntoma de normalidade para a Festa do Maio este da incorporación da muller, anónima por tanto tempo na historia, a encarnar ela tamén, e con todo o sentido, a figura do maio humano. Esa experiencia de interiorización que supón sentirse un Maio, cremos que a trasladou de xeito irremediable a esta fotocomposición que ten, como non, un algo de autorrretrato. A primeira vista representa a un Maio da pé cun rostro, o da propia Lissi. Ela mesma vestida de Maio é o punto de partida, pero a seguir a nosa mirada comeza a perderse nesta collage que ten muito de emocional e recoñecemento próximo a quen corta as cañaveiras, viste aos maios, fai coroas de flores, a quen se viste de Maio, canta as coplas, toca a gaita, tira castañas, toca o tambor, recolle as moedas nun mego, tumba ao Maios e os volve a levantar, corta coa navalla as cordas que te atan, os que liberan aos que foron vexetaias e aos que organizan a comida e bailan ata o final da Festa.
Efectivamente entre primeiros planos de flores mergullando nas cañaveiras deixa entrever rostros de rapaces e rapazas, de ninos e ninas, que se van vendo, detalles que se van concretando e que xorden dun sin fin de imaxes de distintas festas do maio dando idea de celebración colectiva que é. Unha funcionalidade social que a festa do maio cumpre e que, á vez, representa con rostros ben coñecidos para calquera habitante de Vilafranca.
Cuando os seres humanos vivimos unha festa detemos o ritmo habitual diario para marcar o noso existir. E paramos todo ou non funciona o evento. Estamos facendo posible esa sensación marabillosa da participación colectiva, común e conxunta dunha comunidade á que algo inusual lle ocorre. A dinámica do calendario é esa. As marcas ou días de festa que rachan a cotidianeidade e favorecen que unha sociedade se sinta unida arredor dun acontecemento. E o Maio en 2010 xa se vivía como unha festa plena na que se dilúen protagonismos e o eu convértese claramente nun nosoutros e logo nun nós.
Lucille puxo así o punto sobre o i. Tivo unha idea xenial. Configurou un maio de maios, aos que sacou do seu anonimato colocándolle rostros como cuando xa se van desfacendo do traxe vexetal, para deixar ver as costuras que son as cordas coas que van atadas as cañaveiras, de tal xeito que cada vez asoma máis o rostro humano que as sostén. Non se podería plasmar mellor o feito de que unha festa popular non é filla de ninguén e de que sen as persoas que a arroupan, unha a unha, non sería nada.
COLECTIVO EN FESTA
Que une á xente? Interrógase Lucille. NO cartel é o Maio o que une a xente de forma literal. E aí temos a diversidade de tipos de vinculos inter persoais que afloran rodeados de flores e baixo unha lenda fosforescente que pon Festa do Maio. Están os afectos da pandilla de xogos, deses amigos/as da infancia que van distanciándose que cuando se atopan é como se non pasaran os anos, da amizade adolescente e os primeiros amores, do compañeirismo, da vecindade, do barrio e da parroquia e mesmo do pobo e do local fronte ao alleo, o resto do mundo. A personalidade vista como unha creación colectiva e dinámica. A diversidade de relaciois que existen entre as persoas viaxa en paralelo coa pluralidade da sociedade. Deféndese mui ben coa festa do indvidualismo. De aí tamén que unha parte substancial das coplas invite a participar nela, e que, logo, con cortesía se agradeza a colaboración, a empatía. Non son logo innecesarias, son imprescindibles na canción do Maio as coplas malintencionadas e crueis coas persoas que non dan ou colaboran, porque este costume vive dos lazos de unión e castiga o individualismo á quen non quere formar parte da Festa raiando o insulto. Por iso consérvse na memoria a pesar de que son raras as ocasiois nas que se cantan porque todo o interpelado responde positivamente.
No cartel están fotografados arredor de 60 rostros recoñecibles. Narra máis de 50 situaciois, miradas xestos, circunstancias e outras tantas imaxinables. Subliña que detrás da Festa afortunademente hai máis que un grupo pequeno, pero importante, de participantes e de colaboracois. Incluso faise visible no numeroso grupo de patrocinadores cos seus logos.
Outra das virtudes da composición é situar ao lado dos diversos momentos polos que pasa a celebración nas últimas décadas, dende o comezo ao final, os rostros coñecidos e concretos. Por que un colectivo para que o sexa implica a suma de personalidades diferentes. Un carro tirado por Oswaldo acompañado de dous rapaces máis novos que veñen de cortar os mazandois. Se nos fixamos nos detalles vemos a Rocío tirando castañas dende o seu balcón, aos varios gaiteiros da Escola, a Cristina e Vellina, a súa filla, Blanca, a José Ángel, a Carmen, a Artur, a Miguel de Maio, e a Toni que o imaxinamos sorrindo e sentado enriba dun, as gaitas e outros instrumentos e a comida na que nos xuntamos para compartir tamén. E no centro, como dixemos a figura dun Maio, dun Maio de humanos. Ninos e ninas, maiores e familia, persoas amigas e coñecidos, iso é unha festa. O mellor de todo é que ese espírito común de vivencia da comunidade estaba aí dende o comezo primitivo da Festa do Maio, da que se facía se cuadra xa antes de seren Vilafranca unha vila.
Este cartel é, en definitiva, o retrato da maxia do local onde o colectivo ten un certo límite e á vez unha dimensión particular e concreta que suma individualidades. Aí entre o común e o propio está tamén a familia. E hai unha familia a que lle debemos muito neste proceso de revitalización do maio que erguemos entre todos. Esa familia é a familia de
Lucille. É desas familias que viven o Maio ao completo. Lola, súa mai e John seu
pai fixeran dez anos antes, no ano 2000, unha fermosa exposición sobre o significado e
transfondo da celebración da entrada da Primavera partindo da experiencia local. Quen non saboreou as tortillas ou un groliño dos licores da avoa de Lucille, Rocío, cuxo balcón sempre florido é dos máis xenerosos en castañas e noces. De Gonzalo e da súa tía Cristina, a gaiteira da Escola, autora de tantos carteis e cariños para a Festa, e do resto de tíos Toño, Nando, Blanca, Conchi ... É unha familia tan grande como espléndida, (desculpen que non os citemos a todos). Pero de quen non nos podemos esquecer, é da súa filliña, Iria, que non por casualidade naceu un primeiro de maio e sempre celebra o seu cumpreanos cantando o Maio. Ela tamén aparece entre os rostros do cartel, como o do seu padrín que escribe este texto e tanto lle ten que agradecer.
Esa tremenda complexidade de caras, ese orixinal entramado de instantáneas que eiquí se xuntaron para crear un gran colaxe sobre o colectivo e o participativo que é hoxe o Maio de Vilafranca explica dun xeito moi orixinal que xa non é unha humilde festa de ninos de tempo atrás, aínda que sen eles esta celebración non sería a mesma. A vila entendeu que era realmente unha Festa de todos e de todas, tal e como se plasma á perfección neste cartel do ano 2010
Esa tremenda complexidade de caras, ese orixinal entramado de instantáneas que eiquí se xuntaron para crear un gran colaxe sobre o colectivo e o participativo que é hoxe o Maio de Vilafranca explica dun xeito moi orixinal que xa non é unha humilde festa de ninos de tempo atrás, aínda que sen eles esta celebración non sería a mesma. A vila entendeu que era realmente unha Festa de todos e de todas, tal e como se plasma á perfección neste cartel do ano 2010
Ningún comentario:
Publicar un comentario