LEVÁNTATE MAIO DE RAMÓN CELA LÓPEZ (2006)
A única ocasión na que contamos, polo de agora, cunha foto do noso recoñecido fotógrafo Ramón Cela foi para o cartel do ano 2006. Seguíamos incorporando os fotógrafos locais á mirada colectiva sobre a Festa do Maio. Recuperamos do inmenso e disperso volume de obra fotográfica de Moncho, unha foto dos anos 60 na que aparece un Maio deitado, outro detalle non pouco transcendente que a fai a única. É a primeira vez que nun cartel se recolle ese momento esencial da celebración na que o grupo, tumbado o Maio no chao, se dispón a cantar: Levántate Maio, bastante durmiche... co que se conclúe o rito de traer a Primavera ata aquel lugar onde se deitou.

Había veciños que solicitaban que se deitase o Maio á porta da súa casa antes de botar desde os balcois o seu donativo, normalmente castañas maias e diñeiro. Nas prazas ou onde había un grupo de casas importante a comitiva xa deitaba ao maio antes de que ninguén llo pedise. É polo tanto esta instantánea realmente peculiar, simbólica e significativa, un verdadeiro tesouro. Unha
foto testemuña fabulosa que se vén a sumar a esas outras escasas fotos, as anteriores aos 80, nas que se retrataron aos nosos Maios antes do actual proceso de revitalización.
Un grupo de rapaces, posiblemente do barrio da Cábila, sobre a ponte que cruza o Burbia apela con resolución aos seus interlocutores. Os peis do rapaz deitado gardan unha coherencia total e absoluta coa rixidez vexetal propia da morte das plantas que se está a representar. E Moncho escolle ese encuadre o dos pés por diante, en primeiro termo da imaxe, para elevar a vista e progesivamente atopar á comitiva de acompañentes cantando.

A destreza para o retrato de estudo, non lle
impide a Cela captar na rúa, coa súa cámara, unha escena etnográfica dunha celebración ancestral cun profundo simbolismo que se renova milagrosamente a pesar da derrota dunha España rural, case como
produto da casualidade, nunha vila, aínda gris que reproduce con rigor ese seu incontestable branco e negro. Estamos aínda nos tempos da Ditadura nos que as cores non saían nos retratos aínda que os retratistas o quixeran. Neste caso logo non había opción a falta de cor plasma con fidelidade transparente as circunstancias que se vivían. Soubo Oswaldo Pereira, con muito gusto e pericia, remarcalo ao compoñer o cartel simplemente cunha franxa amarela na que as letras, que se saen do
estreito marco, son verdes e ata hai unha que é de cor roxa.
Nótaselle, de todos os xeitos, ese
forte apego que Ramón Cela ten ao retrato físico na procura dun achegarnos á personalidade dos que aquel día rachaban a rutina habitual co seu canto de
letanía polas rúas da vila. Infantil e maduro, novo e vello, un canto ao ceo e
o Maio no chao. Nesta foto atópase todo iso, enfrontámonos ao forte, rotundo e teimudo carácter desta Festa. Ese aspecto rudo e resistente, aínda que todos os elementos, como a inocencia dos ninos e os ramallos de cañaveiras parecen fráxiles e
impudicamente perecedeiros. Pero o
grupo, a panda de amigos, a comunidade teñen silenciado tanto e tanto por dicir que neste día aproveitan e berran ao ritmo que impón a tradición. Aquel dia 1º de maio, calaban os oficios, mentras os
ninos eran os que rían e cantaban polos adultos, eses que quedaron fóra da foto intuídos, insinuados, ocultos. Os xestos, a intensidade do canto, case un berro naqueles anos grises
nos que a pesar de todo o maio florecía por costume e necesidá.
No Outro Lado unha panda de rapaces, a pesar do traxe dos domingos, decide a saír ás rúas a celebrar o costume, estaba permitido. Aí está o
futuro autor dos 200 gramos de patacas
tristes, un nino entreoutros na procura da alegría desesperada. E a carón do fillo do panadeiro, Quique cunha mao no bolso e outra que leva ao colo da camisa, mentras Belisario, ao fronte, dirixe a
ladaíña con convicción. Seis rapaces unidos, cantando máis alto que nunca con insistente contundencia porque o maio está deitado, ante un público silente que se sobrentende. A metáfora deitada na ponte co viaducto entre teitos de tella ao fondo, non era entendida como canto de resistencia
porque para muitos era un canto aínda de subsistencia.
Quen está a mirar a este grupo de rapaces? Non sabemos, xentes humildes e maiores, vellos aos que os
rapaces sorrrín antes de darlles uns reais. Rapaces novos contentos por cumprir co rito e facer posible ese día a esperanza da Primavera, esa estación que sempre augura un tempo mellor. Fóra o vento de marzo e a chuvia dos abriles, ousados e inocentes por saber
cantar o maio e logo erguelo para acabar co longo inverno e con tantas outras cousas que os burros non
sentiron.
OUTRAS FOTOS POR CONTRASTE (1969-1980)
De Ramón Cela coñecíamos outras fotos en branco e negro de finais dos anos 60. Estas fotos auguraban mui ben os tempos difíciles, a pesar da apariencia espectacular que lle esperaban aos noos Maios nos anos 70. Son imaxes dos concursos amañados na Praza Maior que se organizaron puntualmente, dirixidos por aquela autoridade de nefasto recordo que foi o Padre Aizpuru. Temos que agradecer a Moncho que retratase para o futuro este evento do Réxime porque así resulta ben doado establecer un contraste evidente entre o popular, é dicir, como se vivía nos barrios o Maio e a distorsión impostada que supoñían os concursos.
Ademais Moncho tamén soñou nos anos 80 cunha reportaxe sobre as nosas tradiciois e costumes máis ancestrais con ocasión de ilustrar un libro de etnografía da comarca titulado El Bierzo de J.L. Alonso Ponga y Amador Diéguez. Son fotografías curiosas, pero as que lles falta sabor. Non logran ter a espontaneidade e a calor propias da celebración, obtendo como resultado estampas un tanto forzadas pouco representativas do que é a Festo do Maio.

Animamos a
Moncho, ao autor da magnífica fotografía do cartel do 2006, a que remexa nos seus arquivos ata rescatar para a memoria visual da nosa querida vila outras tantas instantáneas do noso Maio, que seguro
conserva xa que el foi un fotógrafo de oficio afincado en Vilafranca durante décadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario