CAÑAVEIRAS CORTADAS DE ISIDRO CANÓNIGA (2009)
Un fotógrafo especialista en capturar a natureza viva nas súas imaxes e un dos habituais participantes na Festa á que asiste en calidade de berciano de Cacabelos, é o autor deste cartel. Para acceder ao código que utilizou para realizar o seu cartel hai que dicir deste amante da natureza e da tradición dicir que é quen de estar horas no bosque de Barantés ou nos montes Aquilanos
coa cámara na mao á espera dunha raiola de sol para que ilumine unha
determinada luz a árbore que enfoca co seu obxectivo. Só un home con tanta paciencia e que patea os
soutos, os montes e os ríos é capaz de fotografalos coa fidelidade de Isidro,
pero só el chega máis aló, insistir en volver a mañá seguinte para ver se
aquel carballo que naceu onte dunha landra entre as follas secas, xa tein a altura precisa en centímetros
que el quere inmortalizar. Non deixa
cabos soltos nas súas composiciois e encuadres. Non é amigo de improvissaciois. Autor dunha enorme colección de imaxes da
natureza berciana obsesionado, no bo
sentido da palabra, coa luminosidade ata o punto de usar durante un período
grande da súa faceta como fotógrafo, exclusivamente a diapositiva, no ano 2009
acababa de iniciarse noutros formatos e achegouse á Festa do Maio. A idea era experimentar co inmediato, introducindo na
súa obra fotográfica un ritmo distinto ao incorporarse á imaxe dixital.
Foi logo Vilafranca e o Maio do 2008 o seu campo de experimentación, ademais de ser unha festa da Natureza, o Maio é unha festa de imaxes, unha boa oportunidade por ambos motivos para probar fortuna. O impacto que lle produciron as cañaveiras cortadas, unha das imaxes captadas á primeira hora da mañá desa xornada, é evidente. Un feixe amoreado momentos antes de cobrar significado ao pasar a formar parte do vestido do vestidos dos "homes verdes", centrou a súa atención. O golpe da folla fría das fouciñas ou das navallas afiadas estremecen a Isidro, a acción humana atroz e cruel sobre a planta á que lle outorga, coa mentalidade dun reporteiro gráfico, toda a exclusiva. Total protagonismo das cañaveiras cortadas para interrogarnos sobre o por que, un por que resolto co lema "Festa do Maio" de letras brancas, a única presenza aparente do ser humano no cartel.
Relata pois o triste sacrificio, pero alegre destino amargo da planta que finalmente será a que arroupe ao ser humano e o cubra por completo, como se dunha mascarada se tratase ata semellar mesmo unha árbore que anda. Na foto conmovedora ata mesmo pundo de encoller o corazón dunha mirada sensible, non deixa de haber unha queixa pola morte, un morrer fecundo que vai significar paradoxicamente vida e fecundidade polas rúas da vila. É, aí está a protesta, son en definitiva unhas cañaveiras cortadas que xa nunca serán semente e ás que lles furtamos os humanos o seu ciclo xusto cuando están máis vivas, floridas e fermosas.
A acción do ser humano sobre a planta, a agresión do home debe ser finalmente entendida como a metáfora da necesidade da morte para que haxa vida, xa o temos comentado noutras entradas. Tamén queremos sinalar que os cortadores de cañaveiras son instruídos pacientemente cada mañá do 1º de maio para que entendan que non se pode cortar a eito todas as plantas. Indícaselles con insistencia que hai que ir deixando sempre exemplares vivos sen cortar para que se reproduzan e que as súas sementes, ao ano seguinte, dean lugar a novas plantas que vexamos florecer.

Castañeiro; Pobladoura de Somoza en El invierno berciano en imágenes de Isidro Canóniga na páxina https://meprestaelbierzo.com |
A planta cortada, a protagonista é o Smynium
olosatrum, a cañaveira, o apio cabalar ou os mazandois. Algún día foi usada na cociña como hoxe usamos os apios, de feito é
unha apiacea da familia das umbelíferas e contan alguis que os romanos
trouxéronna máis ao norte para usala como alimento. Se cuadra por iso era
frecuente vela nos mosteiros medievais en terreos arxilosos. Ao seu cheire forte e a súa máis que posible procedencia mediterránea, débelle o nome grego smurna que o relaciona co aroma da mirra, e olus
atrum en latín “herba negra” non porque sexa escura a planta, senón que o é a súa
semente . O seu uso como mediciña queda constatado na
época de Carlomagno que a cita entre as plantas medicinais a cultivar, aínda
que na antigüidade clásica Teofastro e Plinio tamén a citan.
Hai quen di que
para vestir ao maios usaba o sabugueiro. Con ser unha das árbores máis
respectadas pola mediciña popular, non temos unha constancia fidedigna que o
corrobore no caso da nosa vila.
Volvendo ao autor
diremos que quen queira coñecer mellor a súa obra pode botarlle un ollo ao
apartado gráfico do libro Un futuro para
o castaño editado en 2010 pola Asociación A Morteira, unha asociación e un
libro ben queridos e dignos de gabanza cos que a Escola de Gaitas gardamos tamén, como con Isidro,
unha estreita e entrañable relación de
colaboración, ademais de múltiples vivencias non só nos magostos ou na Festas do Maio. Graciñas Isidro.
Nun blog encomiable do compañeiro Oswaldo Pereira, miradas 3, facíase este comentario ao anunciar a Festa do Maio do 2009:
"Este año el cartel elaborado por nuestro amigo Isidro Canóniga está limpio, no hay ningún patrocino ni apoyo de ninguna institución, tan solo se cuenta con la ilusión y la participación de todos los que cada año participan en los diversos cortejos de mayos que salen desde los distintos barrios de Villafranca."
Pero os apoios institucionais silentes foron sorprendentemente inesperados e ben recibidos. Non podemos obviar un feito que se produciu naquel ano 2009 e que se nos confirmou despois de editar o cartel polo que non deu tempo a incorporar a declaración da Festa do Maio como de Interese Turístico Provincial por parte da Deputación de León. Foi a primeira vez que Vilafranca do Bierzo conseguía un recoñecemento deste tipo nesta categoría de convocatorias. Todo un honor e unha responsabilidade, non nos cabe ningunha dúbida, da que é xusta merecedora a nosa vila. Foi fruito de muitos anos de empeño colectivo en revitalizar a Festa e dun traballo previo de documentación que viñamos elaborando desde o 2008 e que logo xestionou con acerto, está ben dicilo, o Concello de Vilafranca a través de Conchi López.
De todos os xeitos hai que advertir que non queremos facer do costume un espectáculo que o separe da súa esencia tradicional. De sempre pretendemos que a nosa tradición máis ancestral non perda algo que lle é consubstancial: o carácter local, participativo e popular, evitando na medida do posible unha masificación esaxerada que impida o seu desenvolvemento natural, en gran medida espontáneo e auténtico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario