PROGRAMA DE ACTOS
FESTA DO MAIO 2016
FESTA DECLARADA DE INTERESE TURÍSTICO PROVINCIAL
Sábado 30 abril: ARROUPANDO
A TRADICIÓN
Ás 17.00: Iniciamos o adorno das rúas por onde se fará
o percorrido nocturno.
Ás 11 da noite: Dará comezo a ronda teatral e musical:
LEVÁNTATE MAIO!
Unha montaxe de teatro de rúa sobre as raíces máis ancestrais desta celebración agraria tradicional do Noroeste ibérico, que, no medio do devir dos tempos, interacciona cos sucesos dos homes e das mulleres de hoxe.
Un espectáculo que invita á participación activa facilitando a comprensión do simbolismo da celebración da nosa Festa do Maio e que rematará coa queima do burro do inverno.
LEVÁNTATE MAIO!
Unha montaxe de teatro de rúa sobre as raíces máis ancestrais desta celebración agraria tradicional do Noroeste ibérico, que, no medio do devir dos tempos, interacciona cos sucesos dos homes e das mulleres de hoxe.
Un espectáculo que invita á participación activa facilitando a comprensión do simbolismo da celebración da nosa Festa do Maio e que rematará coa queima do burro do inverno.
Acompañarán e amenizarán o percorrido polas rúas históricas a Fanfarria Taquikardia, ademais de contar coa participación dos actores espontáneos da vila e/ou dos visitantes. O guión e a coordinación escénica: correrá a cargo de X.L.D. Lucio e H.
Silveiro.
Domingo 1º maio: O MAIO TRADICIONAL
Acto seguido
comezan a vestir os maios nos lugares habituais: Campo da Galiña, As Veigas Altas, Socubo e a Cábila.
Ás 11 da mañá comezan os distintos percorridos polos barrios da
vila.
Ás 14 horas xúntanse todos os grupos na Praza Maior.
A
continuación comida campestre de todos os participantes.
*Este ano como complemento quixemos publicar un longo poema
inédito no que se describe, con detalle e ironía, a esencia da nosa ancestral
tradición e que ben imita ao coñecido autor dos “Ensayos poéticos en dialecto
berciano” Antonio Fernández Morales.
Aló o primeiro
de maio
están de
flores cubertos,
xa canta o
cuco nos montes,
botan folla os
castañeiros
e pinta algúa cireixa
coa calor
que tras do inverno,
a primavera
apelica
aos mozos
amores tenros.
Na primeira
mañá de maio
pra que non
lle dea o desmaio
bota no leite
que está fervendo,
pois na casa
sempre o fixo,
castañas
pilongas presto,
que pasado o
mes de marzo,
cheo de xiadas
e de ventos,
tras das mil
chuvias de abril,
Neste mes en
Villafranca
fan os rapaces
festexo,
e os maiores
nos balcois
agardan ao
maio contentos.
Da doito, pois
aquel día
os ninos desta
villa cedo
van saír os
campeliños
e conseguir uns
diñeiros.
En canto
chegan ao campo
sacan navallas
a eito;
cortan nas
beiras correndo
aquela planta que chaman
alguis apio cabaleiro,
aquela planta que chaman
alguis apio cabaleiro,
pra poucos
son mazandois,
e cañabeiras
pra un cento.
Pra que se
vistan os maios,
e cortalas con
máis xeito
hai quen che
leva unha fouce
e os viste co
sabugueiro.
De entre todos
os rapaces
escollen a un
bon galleiro
boa planta ie co bon corpo,
boa planta ie co bon corpo,
é símbolo do
festexo
pra semellar
unha árbore
que sobe de
alto ata o ceo.
faranlle un
traxe ben feito
colocando
aquelas ramas
a un mozo
visten correndo
e pro que
ninguén o saiba
quen do maio
vai dentro
cóbrenlle ben
a cara
sobre a boca,
palmo e medio,
dende a coroa
atan con cordas
brazos e maos
ao seu peito,
moverse case
non pode
e ao andar vai
ben dereito.
Algúas nenas
fermosas
cantan o maio
cos nenos,
das hortas con
lilas e rosas
enchen gozosas
os megos
que de
castañas e cartos
ao mediodía
están cheos.
En cada casa
ao maio
aquel día oen
de certo
aos meniños
que o acompañan
cantar, unha
vez non, cento:
Marzo
airoso, abril chuviñoso
sacan
o maio florido e hermoso.
Póñense á
porta cos megos
uns cos maios
vestidos
outros cantando arreo:
outros cantando arreo:
“Este
maio, señora é,
este
maio andaba de pé”
Os rapaciños tras
do maio
nas rúas de
flor cuberto
pónse nas
portas cantando
erguen aos
balcois os megos,
piden castañas
maiolas
coas maos
arriba tendendo:
Tire castañas, señora María,
tire
castañas cas tein na cociña.
E pra o vecín ou veciña
que lles dá,
cantan lixeiro:
-Estas
portas son de ferro
onde
vive un caballero!
-Esta
casa é de pedra
onde
vive unha doncella!
E pra casa que
dar non quixo,
todos cantan
maldiciendo:
-Esta
casa é de palla
onde
vive a cagalla.
-Esta
casa é de lousa
Por veces
deitan ao maio,
tumbado no
chao poderás velo
so xentes de
máis posibles,
dos señoritos o mesmo,
so balcois onde agardan
i esperan que caia diñeiro
nas casas e anchas prazas
dos señoritos o mesmo,
so balcois onde agardan
i esperan que caia diñeiro
nas casas e anchas prazas
tras coller
cartos a eito,
imitándoche que
espertan
ao maio tras do
inverno:
Levántate maio, bastante durmiche,
pasou
un burro e non o sentiche.
aínda se ben o
pensamos,
xa que falamos
do tempo,
o mellor sería
citar
en vez do
burro ao inverno.
Ao pé da porta
da madre
do seu sogro e
do xenro
da muller e os
seus fillos
da casa dos
homes todos
e das mulleres
por certo
pedindo en
toda a villa,
dean castañas
e diñeiro,
cantando ninos
e nenas
pra botar fóra
ao mal tempo,
sacan o maio
florido
poñendo fin ao
inverno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario