Abordamos unha Festa do Maio distinta á forza pola situación na que vivimos, pero coa idea de manter o compromiso coa tradición e coas metas que esta celebración e a Natureza esixen de nosoutros.
Satisfeitos e agradecidos pola resposta exemplar e excepcional dos veciños e veciñas da vila que a pesar da situación vivimos a festa un ano máis con ilusión e alegría, pero coa esperanza posta nunha nova edición máis acorde ao espírito participativo e realmente festeiro que a caracteriza, ese agradecer con cantos e flores a entrada fértil, florida e fermosa da Primavera.
A continuación reunimos diversas reportaxes que permiten facernos unha idea do que este ano foi a Festa do Maio en Vilafranca.
Comezamos co titorial XEITO DE COMO VESTIR UN MAIO que realizou Javi López Álvarez e un grupo de colaboradores (Fátima, Carmen, Marisa, Álvaro, Eduardo e Vellina) :
A seguir unha gravación íntegra do acto coas distintas intervenciois:
- Héctor Silveiro, Toño Nespral, Lola Fdez. Álvarez (texto lido por Cristina Dapia) e Alfonso Fdez Manso e incluída toda unha sorpresa final a xenerosa e extraordinaria actuación de Edilberto e o grupo de Danza de Pombriego que el dirixe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario