ARROUPANDO Á TRADICIÓN: A QUEIMA DO BURRO DO INVERNO
Na noite do 30 de abril realizamos a benvida da Primavera coa cuarta Queima do Burro do Inverno.
Comezou a actividade coa representación da Alegoría da loita do Inverno e a Primavera sobre Vilafranca. Actuaron:
Inverno: Eduardo Nieto e Jóse González.
Primaveras: Violeta Núñez, Carla Álvarez e Lola Méndez, Mar Núñez e Catalina Méndez.
Maio-mozo: Álvaro Pájaro
Música: Escola de Gaitas
Preparando o burro do inverno |
Pódese ver unha crónica visual da representación no facebook da Escola de Gaitas.
ACTUACIOIS MUSICAIS NA PRAZOLETA DE D. PÍO
EMBRUXO GAITEIROS de Ordes.
OS MELIDAOS de Melide
Un anaco da actuación dos Melidaos no Facebook da Escola de Gaitas por deferencia de Vicente Cela
A cousa como ben sabedes prolongouse ata altas horas da madrugada en distintos locais da vida que acolleron a música alegre e contaxiosa das gaitas.
FESTA DO MAIO 2022
Os nosos maios deben chegar a cada barrio da vila. Colgamos unha pequena selección de fotos dos cuatro grupos de maios que armamos tradicionalmente:
O SOCUBO
Un dos maios do Socubo |
AS VEIGAS ALTAS
O CASTELO
CRÓNICAS NOS MEDIOS
Bierzo TV como de costume unha completa reportaxe en vídeo:
Infobierzo magnífica reportaxe fotografíca e algún vídeo de Lucía Suárez e César Sánchez
El Bierzo digital outra reportaxe especial de Quinito.
Tamén boísimas as reportaxes de particulares como, por exemplo, do noso Javí López Álvarez
Unha nota de interese, Jato montado no seu carro-maio sacou por segunda vez ao seu burro para percorrer as rúas de Vilafranca cantando:
Levántate maio, bastante durmiche
pasou un burro e non o sentiche.
Rematamos, como de costume, cunha comida campestre no Campairo de todos os participantes nos cortexos de maios.
Un par de bos artigos como epílogo:
De Anxo Angueira en Nós diario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario