Foto do ano 1956 |
Cartel de Robés 2019 |
Unha cabeza cargada de historia e funcionalidade
As cuatro parellas dos xigantes de Pamplona representando ás distintas culturas do mundo, entre elas un rei e unha raíña mouros. |
Cuando mercaron esta cabeza do Mouro en Vilafranca?
Sería na primeira década do século XX, entre 1900 e 1910. Os que a mercaron seguramente non pensaron para nada na simboloxía que este cabezudo traía consigo para a nosa vila. Aos seus fabricantes (poida que sexa da Casa Ribalta de Madrid) non lles era un asunto que lles inquietara. As vilas compraban cabezudos para aparentar maior categoría nas súas festas e este rostro, referente do mundo árabe, estaba entre os máis populares porque vímolo en múktiples cortexos de xigantes e cabezudos.
O Mouro viviu unha peripecia semellante a dos demais cabezudos á hora de percorrer as nosas rúas e prazas. Como calquera outro cabezudo, un rapaz escollíao ´con ilusión a véspera da festa co obxectivo de divertirse e sacar uns cuartiños. Vestía un traxe acorde coa cabeza, ataba a correspondente vexiga a un pau que traía, colocaba a cabeza e ao son das campás e a música das gaitas, dispoñíase a abrirse paso e facilitar o baile dos xigantes entre os veciños e procurar sacarlles as perras con acenos insistentes dunha das súas maos.
A bonanza económica da Confraría, dona dos xigantes, fixera posible a existencia da parella do Cid e Dona Ximena (ou Doña Inés) na segunda metade do século XIX á que, anos máis tarde xa entrado o século XX, se sumará unha nova parella de xigantes (Don Quixote e a súa compañeira Dona Dulcinea). Estas últimas cabezas, que se fixeran populares daquela en numerosas localidades á par que a do Mouro, sufrirán co paso do tempo distintos abatares, mesmo ata chegar a desaparecer nunha gran cantidade, como puidemos comprobar seguindo a súa traxectoria en diversos lugares. Falamos de Cambados, Vigo e Redondela, ou de Ávila, Alcalá, Segovia e Guadalajara. Nalguis destes sitios, non en todos, temos testemuñas da presenza tamén do noso cabezudo, como por exemplo en Vigo en 1901.
A bonanza económica da Confraría, dona dos xigantes, fixera posible a existencia da parella do Cid e Dona Ximena (ou Doña Inés) na segunda metade do século XIX á que, anos máis tarde xa entrado o século XX, se sumará unha nova parella de xigantes (Don Quixote e a súa compañeira Dona Dulcinea). Estas últimas cabezas, que se fixeran populares daquela en numerosas localidades á par que a do Mouro, sufrirán co paso do tempo distintos abatares, mesmo ata chegar a desaparecer nunha gran cantidade, como puidemos comprobar seguindo a súa traxectoria en diversos lugares. Falamos de Cambados, Vigo e Redondela, ou de Ávila, Alcalá, Segovia e Guadalajara. Nalguis destes sitios, non en todos, temos testemuñas da presenza tamén do noso cabezudo, como por exemplo en Vigo en 1901.
Xigantes e cabezudos de Vigo . Foto de Aurélio da Paz Dos Reis realizada en 1901 onde recoñecemos, entre os cabezudos, tres cabezas dos nosos xigantes actuais. |
Xigantes de Ávila |
As fotografías que van aparecendo confirman que a cabeza do Mouro chegou a Vilafranca antes que as de Don Quixote e a da nosa particular Dona Dulcinea, aínda que estas non tardaron muito en ser adquiridas para crear, como dixemos, unha segunda parella de ananas (nome popular que reciben os nosos xigantes) a comezos da segunda década do século XX.
O Mouro, aquel vello cabezudo
Durante uns 60 anos o noso Mouro foi un sufrido cabezudo ata que en 1972 Norberto Beberide fixo del un xigante, coa intención de outorgarlle a aquela vella cabeza un futuro mellor e preservala de golpes e maltratos de todo tipo nas maos dos rapaces que, pouco conscientes da súa vellez e fraxilidade, ano tras ano vestían o cabezudo. O novo xigante, máis ancho que os outros, algo máis pesado tamén, inicialmente tiña os brazos fixos ao corpo como botando mao dunha enorme cimitarra que levaba ao cinto. Aquela aparatosa arma provocou máis dun incidente na súa estrea, polo que se acordou eliminala, mais seguiu máis dunha década mantendo os brazos agarrados ao corpo. Finalmente determinaron soltarlle os brazos nun dos cambios de vestiario máis recentes. Beberide convencera á Confraría de que, en lugar de desfacerse daquel vello cabezudo, se podía recuperar aquela cabeza para construír un novo xigante. Unha xenialidade produto da sensibilidade do artista que serviu de precedente para a restauración de todas as cabezas, as dos xigantes e a dos cabezudos existentes en 1984. O peso da iniciativa recaeu en Norberto, pero é de agradecer igualmente o traballo dun conxunto de persoas, amantes da tradición, que contribuíron á conservación deste conxunto singular.
O Mouro, aquel vello cabezudo anos 60 |
O noso Mouro anos 70-80 |
Non quixeramos rematar sen facer unha pequena aposta de cara ao futuro da tradición máis moderna, (pero tradición ao fin e ao cabo) do Conxunto de Bens do Patrimonio Inmaterial de Vilafranca. Quixéramos reivindicar o regreso dos cabezudos tradicionais. As cabezas dos cabezudos máis antigas coa súa conversión en xigantiños no ano 84, pasaron a sufrir menos desperfectos, sendo este o principal obxectivo da súa transformación. Pero se a conservación é importante cremos que sería factible coa tecnoloxía actual realizar un molde dalgunhas destas cabezas, imitación exacta das antigas coa intención de recuperar os cabezudos de sempre. Cabezudos que se abran paso coas vexigas, interactuando dun xeito máis vivo cos veciños, que poidan realizar todo tipo de bailes, mantendo unha clara diferenciación cos seus compañeiros maiores, os 6 xigantes e ademais poidan solicitar a calderilla, uns euros, para ir xuntando cuartos para as reparaciois pertinentes ou para a compra dunha nova cabeza. Ver de novo o cabezudo pedindo cos seus jnsistentes xestos frotando os dedos pulgar e índice, entre os berros dos máis pequenos e a multitude ou debaixo dos balcois coa cabeza boca abaixo nas maos dun rapaz esperando caían no seu interior unhas moedas debería ser un dos aspectos da festa a recuperar nos próximos anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario